En 1975 Polonia intentou participar no Festival coa canción "Mój, tylko mój” de Anna Jantar pero a UER non o autorizou[1]. Así a primeira participante foi Edyta Górniak, e a súa canción foi tamén a de máis éxito para Polonia ata a data, ao conseguir 166 puntos e o segundo lugar. As intervencións polacas nos anos seguintes foron menos exitosas, quedando o país entre os postos 11º e 20º. Polonia non acudiu á edición de 2002. Para a edición de 2003 Polonia organizou pola primeira volta unha selección pública para elixir á súa representante, gañando o voto do público o grupo Ich Troje por diante de Blue Café, rematando 7º na final de Eurovisión. Blue Café pola súa banda o ano seguinte gañou a competición de selección para acceder á edición de 2004 quedando en 17º lugar. Nos anos seguintes Polonia só se clasificou para a final nas edicións de 2008, con Isis Gee) que quedou no posto 24º, e en 2014.
No ano 2005 a TVP realizou unha selección interna para escoller o seu representante, resultando elixida a canción "czarna dziewczyna", interpretada en polaco e ruso, pero non chegou á final quedando 11ª na semifinal. Para a edición de 2006 volveuse de novo ao voto do público, resultando elixido de novo o grupo Ich Troje que tampouco foi quen de chegar á final. Na edición de 2007 The Jet Set quedou 14º na semifinal.
Polonia non cometiu na edición de 2012 argumentando a radiotelevisión pública que xa tiña que organizar, con Ucraína, a Eurocopa de Fútbol[2] como tampouco o fixo na de 2013[3].