Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O nacionalismo árabe (en árabe: القومية العربية) é unha ideoloxíanacionalista que defende a identidade dos árabes como unha nación e promove a unidade do pobo árabe. O nacionalismo árabe salienta as glorias da civilización árabe, a súa lingua e literatura, promovendo a unión política do mundo árabe.[1] A súa premisa principal é que os pobos do mundo árabe, dende o océano Atlántico até o océano Índico constitúen unha soa nación unida pola súa etnia, lingua, cultura, historia, identidade, xeografía e política.[2][3] Un dos principais obxectivos do nacionalismo árabe é rematar coa influencia de Occidente, identificado como a "némese" do nacinoalismo árabe, e a caída dos gobernos árabes considerados como dependentes do poder occidental. Xurdiu durante a caída do Imperio Otomán a comezos do século XX e esmoreceu logo da derrota dos exércitos árabes na guerra dos Seis Días.[1][2]
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.