Nacionalismo paquistaní

Bandeira de Paquistán.
Monumento nacional de Paquistán en Islamabad.

O nacionalismo paquistaní (en urdú: پاکستانی قومیت) refírese á expresión política, cultural, lingüística, histórica e relixiosa que profesan os habitantes de Paquistán cara a súa nación, baseado nun sentido de orgullo pola súa historia, herdanza e identidade cultural e polas súas visións de futuro.

A diferenza do nacionalismo secular da maioría dos outros países, o nacionalismo paquistaní é de natureza relixiosa, baseado no nacionalismo islámico. A relixión foi a base da narrativa nacionalista paquistaní.[1]

Dende o punto de vista político e nos anos previos á independencia de Paquistán, as bases políticas e ideolóxicas particulares das accións da Liga Musulmá pódense denominar ideoloxía nacionalista paquistaní. É unha combinación singular de elementos filosóficos, nacionalistas, culturais e relixiosos.

Notas

  1. Ahmed, Ishtiaq (27 de maio de 2016). "The dissenters" (en inglés). The Friday Times. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 17 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

Bibliografía