Nacionalismo irlandés

A bandeira da República de Irlanda que os nacionalistas adoptaron para representar a toda Irlanda.
Edificios do goberno irlandés en Dublín.

O nacionalismo irlandés (en irlandés: Náisiúnachas in Éirinn) é un movemento político nacionalista que defende que o pobo irlandés debería gobernar Irlanda como un estado soberano.[1][2][3][4] Dende mediados do século XIX, o nacionalismo irlandés foi considerado como unha forma de nacionalismo cívico baseado nos principios da autodeterminación e da soberanía popular.[5][6][7][2] Durante os século XVIII, XIX e XX, os nacionalistas irlandeses, como a Sociedade dos Irlandeses Unidos na década de 1790, Irlanda Nova na década de 1840, a Irmandade Feniana durante a década de 1880, Fianna Fáil na década de 1920 e o Sinn Féin postuláronse en diferentes graos de radicalismo de esquerda e republicanismo.[8][9] O nacionalismo irlandés defende e promove a cultura de Irlanda, especialmente a lingua irlandesa, a literatura, a música e os deportes. Creceu máis potente durante o período no que toda Irlanda formaba parte do Reino Unido, o que levou a que a maior parte da illa obtivese a independencia do Reino Unido en 1921.

Os nacionalistas irlandeses cren que o dominio estranxeiro foi prexudicial para os intereses irlandeses. No momento da partición de Irlanda a maior parte da illa era de relixión católica e en gran parte orixinaria da illa, mentres que unha parte importante do país, particularmente no norte, era protestante e descendía principalmente de persoas da Gran Bretaña que chegaran como colonos durante o reinado de Xacobe I. A partición produciuse tendo en conta criterios étnicos e relixiosos, acadando a maior parte de Irlanda a independencia, mentres que seis condados do norte seguiron formando parte do Reino Unido. Os nacionalistas irlandeses apoian a reunificación de Irlanda.

Ideoloxía

O nacionalismo irlandés preocupouse historicamente da relación de Irlanda coa Gran Bretaña. Tamén se referiu á opresión histórica dos católicos, que son identificados como a xente irlandesa nativa, por protestante, que se identifican coa presenza británica en Irlanda.

Porén, a relevancia do tradicional nacionalismo irlandés non modificou o status de Irlanda do Norte, a cal forma parte do Reino Unido, aínda que unha substancial minoría nacionalista (cada vez maior polo aumento dos católicos en Irlanda do Norte) quere estar unida ao resto de Irlanda.

Notas

  1. Regan, John. "Review of Irish Freedom: the History of Nationalism in Ireland". Reviews in History. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Murray, Peter (1 de xaneiro de 1993). "Irish cultural nationalism in the United Kingdom state: Politics and the Gaelic League 1900–18". Irish Political Studies 8 (1): 55–72. doi:10.1080/07907189308406508 – vía Taylor and Francis+NEJM. 
  3. CAIN: Politics – An Outline of the Main Political 'Solutions' to the Conflict Arquivado 9 de xullo de 2011 en Wayback Machine., United Ireland Definition.
  4. Tonge, Jonathan (2013). Northern Ireland: Conflict and Change. Routledge. p. 201. ISBN 978-1317875185. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2017. Consultado o 12 de abril de 2017. 
  5. Sa'adah 2003, 17–20.
  6. Smith 1999, 30.
  7. Delanty, Gerard; Kumar, Krishan. The SAGE handbook of nations and nationalism. Londres, Inglaterra; Thousand Oaks, California, USA; Nova Deli, India: Sage Publications, Ltd, 2006, 542.
  8. Metscher, Thomas (25 de novembro de 1989). "Between 1789 and 1798 : the "Revolution in the Form of Thought" in Ireland". Études irlandaises 14 (1): 139–146. doi:10.3406/irlan.1989.2517. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2020. Consultado o 25 de novembro de 2020 – vía www.persee.fr. 
  9. Murray, Peter (1993). "Irish cultural nationalism in the United Kingdom state: Politics and the Gaelic League 1900–18". Irish Political Studies 8: 55–72. doi:10.1080/07907189308406508. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2021. Consultado o 25 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

Bibliografía