O Gran Premio dos Países Baixos de 2021 (coñecido oficialmente como Formula 1 Heineken Dutch Grand Prix 2021) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 5 de setembro de 2021 no circuíto de Zandvoort. Foi a décimo terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 2021 e o 35º Gran Premio dos Países Baixos. A carreira disputouse sobre 72 voltas ao circuíto de 4´259 quilómetros para unha distancia total de carreira de 306´64 quilómetros. Foi o primeiro Gran Premio dos Países Baixos que tivo lugar desde 1985.[1]
A práctica libre 1 tivo lugar ás 11:30 CEST o 3 de setembro, a práctica libre 2 tivo lugar ás 15:00 CEST do mesmo día. O adestramento libre 3 tivo lugar ás 12:00 CEST do 4 de setembro.[2] As tres sesións de prácticas duraron unha hora.
A segunda sesión rematou con Charles Leclerc máis rápido para Ferrari por diante do seu compañeiro de equipo Carlos Sainz e [[Esteban Ocon] de Alpine. A sesión víu a bandeira vermella durante 9 minutos despois dunha perda de enerxía para o piloto de MercedesLewis Hamilton. A sesión tamén víu a bandeira vermella para o Haas de Nikita Mazepin despois de trompear nunha trampa de grava.[4] Verstappen foi investigado polos comisarios por adiantar a outro piloto durante o primeiro período de bandeira vermella da sesión, aínda que finalmente os comisarios decidiron que non era necesario unha penalización.[5][6]
Cualificación
A cualificación tivo lugar ás 15:00 CEST o 4 de setembro. [2]
↑Nicholas Latifi recibiu unha penalización de cinco postoss por un cambio de caixa de cambios non programado. Logo pedíuselle que comezara a carreira desde o pit lane para un cambio do morro no parc fermé.
↑Sergio Pérez foi obrigado a comezar a carreira desde o fondo da grella por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia. Logo tivo que comezar a carreira desde o pit lane para unha nova especificación de almaceaxe de enerxía.