O Gran Premio de Arabia Saudita de 2022 (coñecido oficialmente como Formula 1 STC Saudi Arabian Grand Prix 2022) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 27 de marzo de 2022. Disputouse no Circuíto urbano de Jeddah en Jeddah, Arabia Saudita. A carreira foi a segunda rolda da tempada 2022 de Fórmula Un e marca a segunda vez que se celebra o Gran Premio de Arabia Saudita como parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.
Antecedentes
Clasificación do campionato antes da carreira
Charles Leclerc era o líder do Campionato de Pilotos despois da primeira rolda da fin de semana anterior con oito puntos por diante do seu compañeiro de equipo Carlos Sainz e 11 puntos de Lewis Hamilton.[1] No Campionato de Construtores, Ferrari lidera diante de Mercedes por 17 puntos e de Haas por 17 máis.[2]
O 25 de marzo, o grupo rebelde iemení Houthi atacou un depósito de petróleo de Saudi Aramco preto de Jeddah, a mesma cidade onde ten lugar a carreira. Durante a primeira sesión de adestramentos libres viuse fume negro. O atentado causou preocupación entre pilotos e organizadores xa que a carreira estaba programada para o domingo.[3] Como resultado, a segunda sesión de adestramentos libres atrasouse 15 minutos. Despois da sesión de adestramentos libres, os pilotos e os directores dos equipos foron convocados para unha reunión.[4][5] A maioría dos pilotos ameazaron con boicotear a carreira do domingo alegando problemas de seguridade.[6] Despois dunha breve negociación, os organizadores decidiron que a carreira continuase segundo estaba previsto e todos os directores e pilotos acordaron correr o domingo.
Houbo tres sesións prácticas, cada unha dunha hora de duración. As dúas primeiras sesións de prácticas tiveron lugar o venres 25 de marzo ás 17:00 e ás 20:00 hora local (UTC+03:00). A terceira sesión de adestramentos tivo lugar ás 17:00 horas do 26 de marzo.[9] Charles Leclerc de Ferrari superou as dúas sesións de adestramentos libres do venres a pesar de que el e o seu compañeiro de equipo Carlos Sainz víronse obrigados a rematar antes o seu segundo adestramento despois de golpear contra o muro.
Antes da segunda sesión de adestramentos, unha instalación de Saudi Aramco a aproximadamente 16 km (10 mi) do circuíto foi atacada con mísiles e drons, provocando un grande incendio.[10] Os rebeldes Houthi do Iemen, que tamén foron acusados de lanzar un mísil durante o ePrix Diriyah de 2021, presuntamente reivindicaron a responsabilidade.[10] A segunda sesión de adestramentos aprazouse 15 minutos para permitir unha reunión de emerxencia entre pilotos, directores do equipo e o CEO de Fórmula Un Stefano Domenicali.[11] A Fórmula Un e os organizadores anunciaron que o evento continuaría segundo o previsto, a pesar do ataque.[12] A Asociación de pilotos de Gran Premio mantivo unha nova reunión cos pilotos ás 22:00 hora local e, como resultado, todos os pilotos acordaron participar durante o resto do evento. Segundo a BBC, ademías de tranquilizar aos pilotos sobre a seguridade, tamén convenceuse aos pilotos para correr despois de ser advertidos das "consecuencias de non competir", o que supuría posibles dificultades en canto a que os pilotos e os equipos puidesen abandonar o país se se produciuse o boicot á carreira.[13]
Clasificación
A cualificación tivo lugar o 26 de marzo ás 20:00 hora local e durou unha hora.[9]Sergio Pérez de Red Bull logrou a súa primeira pole na Fórmula Un por diante de Charles Leclerc e Carlos Sainz nos seus Ferraris segundo (Leclerc) e terceiro (Sainz) respectivamente. Max Verstappen, vixente campión do mundo e compañeiro de Red Bull de Pérez, só puido lograr o cuarto posto por diante de Esteban Ocon, quinto e George Russell, no sexto lugar no seu Mercedes. Houbo unha gran sorpresa na Q1 xa que o sete veces campión do mundo Lewis Hamilton foi eliminado na primeira quenda da cualificación por primeira vez na xeral desde a clasificación para o Gran Premio do Brasil de 2017. Tamén é a primeira vez, desde a clasificación para o Gran Premio do Reino Unido de 2009, que foi eliminado na Q1 a puro ritmo sen ter en conta problemas técnicos ou doutro tipo. A sesión quedou marcada por un accidente de Nicholas Latifi na Q1 e un grande accidente de Mick Schumacher do que resultou ileso, aínda que foi enviado ao hospital para exames médicos de precaución.[14]
Primeira pole position para Sergio Pérez na súa carreira na Fórmula 1.[15]
Logo do grande accidente sufrido por Mick Schumacher durante a clasificación, o equipo Haas decidiu retirar o auto do piloto alemán para preservar o estado de saude do seu piloto.[16]