Circuíto urbano de Jeddah
|
|
Plano do Circuíto
|
|
Datos
|
Inauguración |
2021
|
Outros nomes |
|
Carreiras |
F1, F2
|
Localización |
Jeddah Arabia Saudita
|
Capacidade |
espectadores
|
Coordenadas |
|
|
Trazado actual (2003 – presente)
|
Lonxitude km |
6,175
|
Curvas |
27[1]
|
Récord tempo |
1:30.734[2]
|
Récord piloto |
Lewis Hamilton
|
Récord equipo |
Mercedes
|
Récord ano |
2021
|
|
Vista do Circuíto
|
[[Ficheiro:|330px]]
|
O Circuíto urbano de Jeddah[3] (árabe: حلبة شارع جدة) deseñado por Hermann Tilke, é un circuíto urbano de 6,175 km construído na cidade portuaria do Mar Vermello de Jeddah, en Arabia Saudita. O circuíto celebrou o Gran Premio de Arabia Saudita inaugural o 5 de decembro de 2021 como a penúltima carreira do calendario da tempada de Fórmula Un de 2021.[4]
Historia
Nomeada como a "pista urbana máis rápida" do calendario de Fórmula 1, con coches de Fórmula 1 simulados lograron velocidades medias superiores a 250 km/h, a pista será a segunda pista máis longa do calendario de Fórmula 1, con só Spa-Francorchamps de 7´004 km. máis longo.[5]
O circuíto construíuse na cornixa de Jeddah contigua ao Mar Vermello.[6] O circuíto deseñouno Hermann Tilke.[7]
Características
O circuíto de Jeddah contén máis de 3.300 pezas de muro de formigón xunto con 3.000 barreiras TecPro.
A superficie pavimentouse con máis de 37.000 toneladas de asfalto cun equipo de obras de 1.250 operarios. Do mesmo xeito, as instalacións do autódromo de Arabia Saudita contan con sete tribunas onde os espectadores poderán gozar da carreira nocturna iluminada por focos de 1.500 lux e cableado eléctrico de máis de 20 quilómetros de lonxitude.
Ten un total de 27 curvas, cos muros moi próximos. Tamén conté rectas que favorecen os adiantamentos. Este é o obxectivo principal do seu deseñador, Hermann Tilke.
Ademais da carga aerodinámica requirida polas rápidas variantes de Jeddah, as simulacións estiman que nas rectas se rexistrarán velocidades máximas superiores a 320 km/h. Aínda que o dato máis impresionante é que a velocidade media esperada por volta podería bater o récord de Monza: as previsións apuntan a que se podería alcanzar unha media de 252,8 km/h.
- Capacidade espectadores:
- Lonxitude do circuíto: 6´174 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 50 voltas = 308´45 quilómetros. 27 curvas en total, (16, esquerda – 11, dereita)
- Configuración aerodinámica: Velocidade máxima estimada 310 km/h con DRS, 252´8 km/h velocidade media.
- Aceleración a fondo: 79% do tempo de volta.
- Tempo de freado: -% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta:
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: baixo
- Desgaste dos pneumáticos: baixo
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes: 23 segundos
- Tempo total necesario para a parada en boxes: - segundos (media)
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): - segundos.
- Marca volta: Lewis Hamilton - Mercedes, 1’30.734 (2021)
Todos gañadores de carreiras de Fórmula 1 en Jeddah
Notas
Véxase tamén