O evento celebrouse durante a fin de semana do 31 de marzo ao 2 de abril.
Clasificación do campionato antes da carreira
De cara á fin de semana, Max Verstappen lideraba por pouco o Campionato do Mundo de Pilotos con 44 puntos, un punto máis que o seu compañeiro de equipo Sergio Pérez Mendoza, segundo, e 14 por diante de Fernando Alonso terceiro. Red Bull Racing, con 87 puntos, lideraba o Campionato de Construtores por diante de Aston Martin e Mercedes, ambos con 38 puntos.[1]
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C2, C3 e C4 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os utilizasen no evento.[2]
Pneus dispoñibles para Melbourne
Pneus para pista seca
Pneus para chuvia
Duros (Tipo C2)
Medios (Tipo C3)
Brandos (Tipo C4)
Intermedios
Chuvia
Cambios na pista
Tras a remodelación de 2021 do Circuíto Albert Park e a eliminación da chicana da curva 9–10, propúxose e instalouse unha cuarta zona de DRS na curva 9. Despois do primeiro día de práctica durante a fin de semana do Gran Premio de Australia de 2022, a nova zona DRS eliminouse debido a problemas de seguridade expostos por algúns dos pilotos.[3] O xefe do Gran Premio, Andrew Westacott, dixo ao Herald Sun de Melbourne que a zona DRS volverá a implantarse para esta edición despois de recibir comentarios positivos da FIA e a Fórmula Un.[4]
Clasificación
A cualificación comezou o 1 de abril de 2023 ás 15:00 hora local (UTC+11). Na primeira quenda, Sergio Pérez bloqueou e entrou na grava, provocando unha bandeira vermella. Non puido marcar un tempo representativo e, posteriormente, uniuse a Oscar Piastri, Zhou Guanyu, Logan Sargeant e Valtteri Bottas ao ser eliminado da quenda. Con todo, Pérez foi autorizado a correr baixo a decisión dos comisarios.[5]
Charles Leclerc, que se clasificou sétimo, criticou a súa propia condución, dicindo que "non estaba a conducir ben. Non estaba poñendo todo, así que foi culpa miña".[6]
A carreira comezou o 2 de abril de 2023 ás 16:00 hora local (UTC+10).
Informe da carreira
George Russell superou ao piloto ganador da pole Max Verstappen, que derrapou, para tomar o liderado da carreira ata que Charles Leclerc retirouse na primeira volta na curva tres. debido ao contacto con Lance Stroll enviouno á grava e deixouno fóra da carreira. Isto provocou que saíse o coche de seguridade.[10]
A carreira reiniciouse na volta 4. Dúas voltas máis tarde, Alexander Albon perdeu o control do seu coche e estrelouse con forza na curva sete, o que provocou que o coche de seguridade saise de novo[11], Russell trocou os seus pneumáticos por novos compostos duros, permitindo que o seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton herdara o liderado. Carlos Sainz seguiu o exemplo momentos despois. Porén, momentos máis tarde, a carreira foi bandeira vermella para permitir que os comisarios limpasen os restos deixados polo coche de Albon, que quedaran esparexidos na pista. Como Russell e Sainz acababan de cambiar os pneumáticos no período do coche de seguridade, isto puxo en perigo as súas estratexias.[12]
Hamilton comezou na primeira fila ao reiniciar a carreira, pero pronto perdería o liderado na curva nove cando Verstappen o superou co seu DRS activado. Russell superou a Gasly polo cuarto posto na volta 14, e Sainz superou a Lance Stroll na volta seguinte. Na volta 18, o motor de Russell ardeu, o que provocou a primeira retirada mecánica da tempada de Mercedes e provocou un breve período de coche de seguridade virtual. Verstappen pasaría a liderar a carreira comodamente; porén, a carreira estivo marcada de novo na volta 56 unha vez que a parte traseira do coche de Kevin Magnussen fixo contacto co muro na curva dúas, e desprendeuse o pneumático dereito.[11]
A carreira reiniciouse con Verstappen na primeira fila, pero pronto, unha serie de accidentes que provocaron que Sainz empurrase a Fernando Alonso a facer un trompo na segunda curva, os Alpines de Pierre Gasly e Esteban Ocon remataron as súas carreiras no muro, e Nyck de Vries, Logan Sargeant e Stroll espetados na grava. A carreira viu de novo a bandeira vermella.
Tras a terceira bandeira vermella, houbo confusión sobre como se reiniciaría a carreira, os comisarios reiniciarían a carreira na última volta na orde anterior á bandeira vermella e baixo o coche de seguridade. Max Verstappen gañou a súa primeira vitoria no Gran Premio de Australia por diante de Hamilton e Alonso.[10]
Despois da carreira
Tras a carreira, Sainz, que terminou cuarto, recibiu unha sanción de cinco segundos pola colisión con Alonso na segunda reanudación. Isto fixoo caer ao duodécimo lugar.[12]
↑Valtteri Bottas clasificouse 19º, pero tivo que comezar a carreira desde o pit lane xa que modificouse a configuración da suspensión mentres o coche estaba baixo o parc fermé.
↑Sergio Pérez non puido establecer un tempo durante a Q1. Permitiuselle participar na carreira a criterio dos comisarios. Esixíronlle comezar a carreira desde o carril de boxes xa que os novos elementos da unidade de potencia e a configuración da suspensión modificáronse mentres o coche estaba en parque cerrado sen o permiso do delegado técnico.