O Gran Premio de Bahrain de 2022 (coñecido oficialmente como Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix 2022) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 20 de marzo de 2022. Disputouse no Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir, Bahrain. A carreira foi a primeira rolda da tempada 2022 de Fórmula Un e marca a décimo oitava vez que se celebra o Gran Premio de Bahrain como parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.
Os pilotos e os equipos foron os mesmos que a lista de inscritos na tempada coa única excepción de Sebastian Vettel, que foi substituído por Nico Hülkenberg xa que o primeiro deu positivo por coronavirus.[1] A carreira foi o debut nun Gran Premio Debut de Guanyu Zhou.[2]