O Gran Premio do Reino Unido de 2020 (coñecido oficialmente como o Formula 1 Pirelli British Grand Prix 2020) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 2 de agosto de 2020, no Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra, Reino Unido. A carreira foi a cuarta rolda da tempada 2020 de Fórmula 1, a septuaxésima quinta (75ª) edición do Gran Premio do Reino Unido, e a quincuaxésimo sexta (56ª) vez que a carreira disputouse no Circuíto de Silverstone.
Aínda que había unha 60% de probabilidades de choiva antes da carreira, as tres sesións de cualificación disputáronse en seco. Na primeira quenda, Nicholas Latifi trompeou na súa última volta lanzada, saíndo da lenta da curva 7 (Luffield); o seu tempo anterior só foi suficiente para quedar no último lugar. O seu compañeiro de equipo Williams [George Russell]] está investigado polos comisarios por non desacelerar baixo as bandeiras amarelas. Ao final, os cinco pilotos eliminados na Q1 foron Kevin Magnussen, Antonio Giovinazzi, Kimi Raikkonen, Romain Grosjean e Latifi - como Giovinazzi e Raikkonen non conseguiron pasar da Q1, Alfa Romeo seguiu sendo o único equipo que non alcanzou a Q2 ata ese momento no 2020.
Na Q2 empregáronse dúas estratexias diferentes, cos equipos superiores de Mercedes, Red Bull, Racing Point e un Ferrari, o de Charles Leclerc intentando entrar na Q3 co pneumático de composto medio máis adecuado para a carreira, e os outros equipos usando o composto brando. A principios da sesión, o líder do campionato do mundo Lewis Hamilton trompeou* no mesmo lugar que Latifi uns minutos antes. As bandeiras vermellas foron ondeadas, xa que Hamilton deixara de novo cantidades importantes de grava na pista. Despois de reanudarse a sesión, Hamilton e o seu compañeiro de equipo de Mercedes Valtteri Bottas estableceron tempos un segundo mellos que o resto dos participantes. Non todos os que usaron os pneumáticos medios conseguiron chegar á Q3, Alexander Albon de Red Bull e o piloto de substitución de Racing Point Nico Hülkenberg non o lograron. Lance Stroll no décimo lugar e Pierre Gasly no 11º estableceu o mesmo tempo, pero como Stroll o estableceu primeiro, este último no seu AlphaTauri pasou a Q2. Ao final da sesión, os pilotos eliminados foron Gasly, Albon, Hulkenberg, Daniil Kvyat e Russell.
Q3
Mentres o coches saían, houbo un incidente no pitlane entre Leclerc, Stroll e o Renault de Daniel Ricciardo, con Stroll queixándose de que Ferrari liberara o seu piloto dun xeito inseguro, os comisarios están a investigar o asunto. No primeiro conxunto de voltas, Hamilton bateu o récord de volta cun 1:24.616, co seu compañeiro de equipo a 0,15 segundos atrás. O piloto británico bateu o seu récord de volta poucos minutos despois, rexistrando un 1:24.303 para asegurarse a pole position, e Bottas acadou o segundo posto, 0,3 segundos atrás. Max Verstappen, un dos últimos en cruzar a liña, foi o terceiro máis rápido, a un segundo da pole position. O resto dos 10 primeiros foron: Leclerc, Lando Norris, Stroll, Carlos Sainz, Ricciardo, Esteban Ocon e Sebastian Vettel no outro Ferrari.
Foi a 91ª pole position de Hamilton e a súa sétima no circuíto de Silverstone.