O Gran Premio de Bahrain de 2023 (oficialmente Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix 2023) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 5 de marzo de 2023. Disputouse no Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir, Bahrain. A carreira foi a primeira rolda da tempada 2023 de Fórmula Un e marca a décimo novena vez que se celebra o Gran Premio de Bahrain como parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C1, C2 e C3 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os utilicen no evento.[2]
Pneus dispoñibles para Sakhir
Pneus para pista seca
Pneus para chuvia
Duros (Tipo C1)
Medios (Tipo C2)
Brandos (Tipo C3)
Intermedios
Chuvia
Cambios na pista
O terceiro punto de activación do DRS moveuse máis adiante, situándose 250 m despois da curva 15.[3]
Clasificación
A cualificación celebrouse o 4 de marzo de 2023 ás 18:00 hora local (UTC+3).
A carreira celebrouse o 5 de marzo de 2023 ás 18:00 hora local (UTC+3).
Informe da carreira
Max Verstappen liderou con comodidade desde o principio, só perdendo a vantaxe durante a primeira rolda de paradas en boxes. Sergio Pérez foi lento ao comezo e perdeu o segundo posto ante un rápido inicio Charles Leclerc. Fernando Alonso e Lewis Hamilton loitaron na entrada da curva 4, Alonso foi golpeado polo seu compañeiro de equipo Lance Stroll, causando que os dous Aston Martin perdesen posicións. Alonso saíu a cabeza nunha batalla roda a roda con George Russell na volta 13, ambos pilotos perderon nas paradas en boxes ante Valtteri Bottas no Alfa Romeo.[7]
Oscar Piastri retirouse despois de 13 voltas no seu debut na Fórmula Un cunha falla eléctrica. Mentres tanto, o seu compañeiro de equipo Lando Norris tamén tivo problemas co motor, esta vez co sistema hidráulico, que requiriu seis paradas en boxes para xestionar o problema. Esteban Ocon recibiu unha penalización de cinco segundos por aliñarse incorrectamente no seu lugar da grella. Non cumpriu os cinco segundos completos no box, e foi sancionado posteriormente con dez segundos de penalización, e despois con cinco segundos máis por exceso de velocidade no carril de boxes mentres cumpría a segunda penalización.[7]
Pérez superou a Leclerc na volta 26, sendo Red Bull Racing o único equipo de carreiras punteiro que utilizou o pneumático brando nas dúas primeiras quendas. Despois da segunda rolda de paradas en boxes, Stroll, que estaba a correr co pulso e un dedo do pé rotos, superou a Russell cando este saíu do box con pneumáticos fríos, e Stroll entrara en boxes unha volta antes. Alonso e Hamilton enfrenáronse nunha batalla polo quinto lugar. Alonso superou a Hamilton na curva 4 na volta 37 antes de que un golpe de sobreviraxe na saída da curva de Alonso permitise que Hamilton o adiantase. Unha volta máis tarde, Alonso volveu a adiantalo na curva 10.[7]
A carreira de Leclerc rematou na volta 40, co seu coche sufrindo un fallo mecánico mentres corría en terceiro lugar, saíndo o coche de seguridade virtual. Alonso superou a Carlos Sainz usando o DRS na baixada cara a curva 11 na volta 45. Mentres tanto, Pierre Gasly adiantou a Alexander Albon polo noveno lugar, logo de comezar último. Guanyu Zhou entrou en boxes na penúltima volta para montarr pneumáticos brandos, e marcou a volta rápida da carreira na última volta.
Verstappen logrou a súa primeira vitoria en Bahrain case 12 segundos por diante do seu compañeiro Pérez e deulle a Red Bull a súa primeira vitoria en Bahrein desde que Sebastian Vettel gañou no 2013. Alonso quedou terceiro, o seu primeiro podio desde o Gran Premio de Qatar de 2021 e o primeiro de Aston Martin desde o Gran Premio de Azerbaidján de 2021.[8][9]