O Gran Premio do Xapón de 2023 (oficialmente coñecido como o Formula 1 Lenovo Japanese Grand Prix 2023). Celebrouse o 24 de setembro de 2023 no circuíto de Suzuka, en Suzuka, Xapón, foi a 16ª rolda da tempada 2023 e o 48º Gran Premio do Xapón. O evento de 2023 é a trixésima sétima vez que a carreira correuse como un evento do Campionato do Mundo desde a tempada inaugural en 1950, e a trixésima terceira vez que se celebrou en Suzuka.
Pneus dispoñibles
Pneus dispoñibles para Suzuka
Pneus para pista seca
Pneus para chuvia
Duros (Tipo C1)
Medios (Tipo C2)
Brandos (Tipo C3)
Intermedios
Chuvia
Cualificación
A cualificación celebrouse o 23 de setembro de 2023 ás 15:00 hora local (UTC+9).
Durante a terceira quenda, Verstappen fixo a volta rápida, outorgándolle efectivamente a pole position, superándose en máis dunha décima para aseguralo.[1]
A carreira celebrouse o 24 de setembro de 2023 ás 14:00 hora local (UTC+9).
Informe da carreira
na saída da carreira, Oscar Piastri caeu ao terceiro posto con Lando Norris tomando a súa posición. Tamén dous coches entraron en contacto, Valtteri Bottas golpeou o coche de Alexander Albon, sacando o coche de seguridade debido a un exceso de restos na vía. Lewis Hamilton viuse obrigado a entrar no céspede despois de tentar superar a Sergio Pérez Mendoza, que sufriu algún dano, polo que o piloto de Red Bull Racing entrou en boxes e cambiou o alerón dianteiro, caendo ata o último lugar da carreira. Despois do seu accidente na Q1 o día anterior, os enxeñeiros de Williams reconstruíron o coche de Logan Sargeant. Non obstante, o uso de demasiadas pezas de recambio novas que non eran das orixinais significou que o coche fora considerado un terceiro coche, e Logan recibiu unha penalización de dez segundos a cumprir durante a carreira. Tamén obrigouselle a comezar desde o pit lane debido aos cambios que se fixeron no parque pechado.[5] Pérez tamén recibiu unha sanción de cinco segundos por infrinxir a normativa de coches de seguridade. Albon montou un novo alerón dianteiro.
Bottas foi golpeado por Sargeant e tivo que retirarse tras queixarse do manexo do seu coche, recibindo o estadounidense unha penalización de cinco segundos. Pérez golpeou entón a Kevin Magnussen, eliminando da carreira ao piloto danés de Haas. Mentres tanto, Lance Stroll entrou nos boxes e non saíu, e pronto uniuse Albon a súa retirada, pero non antes de que Lewis Hamilton contactara con George Russell á saída da horquilla, forzando a George a saír da pista, pero sen recibir penalización. Houbo confusión na retirada de Pérez da carreira; despois de bater con Magnussen antes, entrou no pit lane e parecía que se retirara. Varias voltas máis tarde reincorporouse á carreira, foi inmediatamente chamado ao boxes para cumprir a súa penalización, nunha táctica deseñada para garantir que a penlizacióna non cumprida non se trasladase ao seguinte Gran Premio de Qatar na forma dunha penalización na grella. Cumprida a penalización, Pérez retirouse unha vez máis.
Neste punto, o polesitter Max Verstappen lideraba a carreira con 16 segundos de vantaxe sobre Norris, segundo clasificado. Porén, Piastri superou a George Russell polo cuarto lugar, o que significa que estaba preparado para o seu primeiro podio na súa carreira na Fórmula Un. Pronto, Charles Leclerc pasou a Russell polo cuarto. Verstappen gañaría a carreira 20 segundos por diante de Norris e Piastri, este último logrando o primeiro podio da súa carreira e Verstappen, que conseguiu a volta rápida, deulle a Red Bull Racing o seu sexto Campionato de Construtores, o segundo consecutivo, tras superar coa súa vitoria tanto a Mercedes como a Ferrari.