O McLaren de Carlos Sainz sufriu un fallo de escape cando se dirixía á grella antes da volta de formación, o que significou que non puido comezar a carreira.[3] Na volta 10, o Alfa Romeo de Antonio Giovinazzi perdeu o control do seu coche que saíuse na curva 14 e chocou contra o muro. Unha das súas rodas desprendéronse do coche que posteriormente alcanzou a suspensión dianteira dereita do Williams de George Russell obrigando a ambos pilotos a retirarse da carreira.[4]
Isto provocou unha importante cantidade de restos que provocaron a saída do coche de seguridade. Todos os pilotos agás dous, Pierre Gasly e Sergio Pérez mendoza, pararon en boxes en condicións de coche de seguridade.[5] Ao final do período do coche de seguridade, os 6 primeiros clasificados eran Lewis Hamilton, Valtteri Bottas, Max Verstappen, Gasly, Pérez, Daniel Ricciardo.
Con pneumáticos máis vellos e fóra de posición por non parar en boxes baixo o coche de seguridade, Pérez e Gasly comezaron a perder posicións. Non obstante no momento en que Ricciardo pasou a Gasly e Pérez poucas voltas despois, estaba a máis de 10 segundos do terceiro clasificado, Max Verstappen e, a pesar de facer unha carreira moi eloxiada, Riccardo non podería competir polo terceiro posto.[5][6]
Sergio Pérez entrou a boxes ao final da 18ª volta a por pneumáticos duros novos, saíndo na 17ª posición, o último dos pilotos en pista, antes de comezar a progresar na pista empregando os seus novos pneumáticos.[5] Na volta 26, Pierre Gasly entrou a boxes cando estaba na décima posición e puxo un conxunto de pneumáticos medios que o levarían ata o final da carreira.[5] Saíu na 16ª posición, detrás de todos os pilotos agás de Charles Leclerc que vírase forzado a facer unha segunda parada en boxes debido a un problema de pneumática.[5] Do mesmo xeito que Pérez antes que el, Gasly usou os seus novos pneumáticos para comezar a progresar na pista, na 36ª volta estaba na décima posición detrás de Pérez, 9º. Gasly pasou a Pérez na 39ª volta antes de pechar a brecha con Lance Stroll a quen pasou na volta 42 para ocupar a 8ª posición onde rematou.[5]
Hamilton gañou a carreira, liderando todas as voltas, seguido de Bottas e Verstappen, que tamén mantiveron o segundo e o terceiro posto respectivamente durante toda a carreira. [5] Ricciardo fixo a volta rápida, en 1:47.483, na última volta da carreira acadando un punto de campionato extra e reducindo a diferenza con Max Verstappen no terceiro a pouco máis de tres segundos. Rematou en cuarto lugar, unha posición que ocupou toda a carreira, agás dun breve momento e inmediatamente despois da saída do coche de seguridade debido a que Gasly e Pérez non entraron a boxes. Ocon puido adiantar a Albon na última volta. A carreira tamén foi notable porque Kimi Räikkönen terminou por diante de ambos Ferrari, incluído o seu antigo compañeiro de equipo Vettel.