O Gran Premio de Inglaterra de 2014 (coñecido oficialmente como o 2014 Formula 1 Santander British Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 6 de xullo de 2014, no Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra, Reino Unido. A carreira foi a novena rolda da tempada 2014 de Fórmula 1, a 68º edición do Gran Premio do Reino Unido, e a 50º vez que a carreira disputouse no Circuíto de Silverstone.
Resumo da carreira
Adestramentos libres
Susie Wolff participou na primeira sesión de adestramentos libres, pilotando o Williams en lugar de Valtteri Bottas. Ao facelo, converteuse na primeira muller en participar nun fin de semana de Gran Premio desde Giovanna Amati que non logrou clasificarse para o Gran Premio do Brasil de 1992.[1]
Felipe Massa tivo un grande accidente na curva Stowe, na primeira práctica, pero amañouse para participar na segunda sesión, e o coche de Lewis Hamilton se avariou no medio da pista na segunda práctica.[2][3]
Eliminatorias
Nunha última volta lanzada da Q3, Nico Rosberg logrou a pole por diante de Sebastian Vettel cun tempo de 1:35.766.[4]
Carreira
A carreira comezou cun accidente na primeira volta que provocou a saída do coche de seguridade e, posteriormente, unha bandeira vermella. Kimi Räikkönen saíuse na recta Wellington e perdeu o control nunha fochanca cando intentaba volver á pista. Estrelouse contra as barreiras no lado oposto da recta logo de trompear a través do tráfico na pista. Massa intentou esquivar o Ferrari, pero trompeou e colisionou, danando seriamente o seu coche. Ambos pilotos retiráronse da carreira.[5]
A dirección da carreira decidiu que o dano no gardarail era grave e debía ser reparado antes de reiniciar a carreira. A carreira reiniciouse exactamente unha hora despois da hora do arranque inicial.
Nico Rosberg tivo o seu primeiro abandono da tempada logo dun fallo no cambio, permitindo que Hamilton lograra o primeiro lugar e gañara o seu quinto gran premio da tempada.
Clasificación
Cualificación
Carreira
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Ligazóns externas