Renault Sport F1 é a encarnación actual da participación de Renault na Fórmula 1.[1][2], fundada a finais de 2010,[3] cando o fabricante de automóbiles vendeu o 25 por cento da súa participación na propiedade do equipo Renault F1 con base en Enstone, ao accionista principal Genii Capital[4], pero mantivo o control para si mesmo da fábrica de motores de Viry Châtillon.
Papel na Fórmula Un
A actividade principal de Renault Sport F1 é proporcionar motores (RS27 V8, 2´4 litros) para seus equipos asociados (a partir de 2011Lotus Renault GP, Equipo Lotus e Red Bull Racing). Tamén dá un punto central de contacto do Kinetic Energy Recovery System (KERS) no motor, a integración e adecuación déixase enteiramente aos equipos.
Como provedor de motores, envía 30 persoas a cada carreira. Todos os socios contan con equipos de seis persoas de Renault Sport F1 (2 Enxeñeiros, 2 técnicos, un enxeñeiro de soporte para o motor e un electricista). Un total de 48 motores fornécense durante a tempada.[5]
Renault F1 como provedor de motores: Historia e desenvolvemento
Despois de diferentes designacións e status, a fábrica de motores de Fórmula Un de Renault, sempre tivo a mesma sede, aínda que profundamente remodelada a través dos anos, en Viry-Chatillon, Francia.
Era Renault Sport (1977-1986)
A finais de 1976, Renault pechou o departamento de competición de Alpine (nese momento, a súa principal división no deporte do motor), situado en Dieppe, e trasladou as actividades de competición a Viry-Châtillon[6], nos arredores de París.[7] A nova filial resultante da fusión entre Renault-Gordini e o mencionado departamento de competición de Alpine[8] chamouse Renault Sport, e que tería que encargarse da entrada do equipo na F1. Fabricou o primeiro motor Turbo que se viu na categoría[9], o Renault-Gordini-Elf Type EF1 V6 1.5 litros[10], nun momento no que os motores atmosféricos de 3 litros eran predominantes.
En 1983, Renault Sport converteuse no provedor de motores de Lotus.
En 1986, púxose fin á participación do equipo Renault na F1 pero continuou como provedor de motores para Ligier, Tyrrell e Lotus. Esa tempada introduciu o motor EF15 B, que de feito incluía importantes innovacións. A finais do ano, con todo, Renault retirouse do deporte.
Renault F1 (1989-1997)
En 1989, coa prohibición dos turbo e a imposición dos motores atmosféricos, volveu a fábrica de Viry (chamada nesta ocasión Renault F1, como unha división de Renault Sport). Asinouse un acordo de asociación con Williams, fornecendo os motores RS1. O RS1 foi único por varias características. Era un V10 de ángulo pechado (67º) de 3´5 litros, V8 cando os rivais utilizaban V8 ou V12.
En 1992, o Renault RS4 (cunha nova culata para o aumento da velocidade do motor), con Williams, gañou o primeiro título de Construtores para o fabricante de automóbiles. Nigel Mansell, piloto de Williams, tamén gañou o título de pilotos.
Entre 1992 e 1994, Ligier utilizou os motores de Renault.
En 1993, o RS5 redeseñouse (o consumo, a combustión e a sincronización) para aumentar a potencia e as optimizacións, permitindo o retorno triunfal de Alain Prost.
En 1995, o regulamento reduciu a tres litros o desprazamento máximo do motor, polo que os enxeñeiros tiveron que adaptarse. O RS7 mantén o mesmo ángulo que os deseños anteriores, pero era máis lixeiro e acloparon por primeira vez a un acelerador fly-by-wire. Benetton uniuse como cliente dos motores Renault, o ese mesmo ano, gañou os dous títulos.
Renault deixou de novo a F1 a finais de 1997, e as últimas evolucións do motor, o RS9, aínda se usaron para moitos equipos durante as seguintes tempadas. Con todo, Renault seguiu traballando co seu vello socio Mecachrome, que fornecia e daba asistencia técnica aos RS9 cos nomes de Mecachrome, Supertec e Playlife.[2][11][12]
Mecachrome GC37-01 era a versión do RS9 usada por Williams en 1998.
En 1999, o FB01 Supertec foi montado por Williams e BAR. Incluso en 2000, unha segunda evolución do Supertec (o FB02) impulsou os coches Arrows.
Era Renault F1 Team (2002-2010)
Benetton continuou coa súa propia adaptación do RS9 coñecido como Playlife (de feito, un Supertec[13][14]) ata 2001, cando o equipo comezou a utilizar motores Renault[15] de novo de Viry. En 2002 (logo da compra de Renault no 2000) o equipo con base en Enstone e a fábrica de motores de Viry combináronse para crear o Renault F1 Team. O RS25, motor V10 de 3.0 litros e o RS26, motor de 2.4 litros V8, equiparon os coches de Campións do Mundo. Renault foi o primeiro fabricante en lograr ese fito.
Desde 2007, a FIA conxela a mellora dos motores. Ese ano, Renault, comezou un acordo a longo prazo con Red Bull para ser o seu provedor de motores, o que sería unha moi sabia decisión no futuro.
En 2008, Renault foi autorizado para realizar algunhas actualizacións no seu motor, o RS27.
Renault Sport F1 (2011 -)
En 2011, Renault Sport F1 Team agregou a Team Lotus aos seus clientes principais de motores, Red Bull Racing e Lotus Renault GP.[16]
Axudou a facerse cos títulos de pilotos e de construtores a Sebastian Vettel e a Red Bull.[17][18]
Para o 2012, Williams regresará á a súa asociación histórica con Renault, recibira os motores RS27. A sociedade terminara a finais de 2013, cando as novas normas dos motores entraran en efecto, pero hai unha opción para a renovación.[19][20] Un acordo con Red Bull foi asinado ata 2016, o que significa, que o equipo vai utilizar os novos motores V6Turbo fabricados por Renault.[21]
Team Lotus confirmou que tamén utilizará motores Renault ata finais de 2013.[22] Emprégara un KERS desenvolvido por Renault Sport F1 e Red Bull Technology.[23]
O director do equipo Lotus Renault GP, Éric Boullier, di que seguen negociando co provedor de motores francés debido á súa longa relación e o patrocinio de Total.[24]
O CEO de Renault, Carlos Ghosn, comentou nunha entrevista a fin de semana do primeiro Gran Premio da India que non había plans para regresar cun equipo oficial e o papel actual da compañía era como provedor de motores por un longo período.[25][26]
A partir de 2012 substituirá a Jean-Michel Jalinier o actual presidente de Renault Sport F1, Bernard Rey.[27]. Jalinier é un antigo empregado de Renault, e está traballando actualmente para a súa filial no Brasil como presidente.[28]