De orixe humilde, Mansell estudou enxeñaría no Matthew Boulton College en Birmingham. Traballou como enxeñeiro aeroespacial en Lucas Engineering antes de abandonar a súa profesión polas carreiras de autos.
Mansell era o campión en vigor da F1 cando marchou a competir na CART, converténdose na primeira persoa en gañar o título da CART na súa primeira tempada, e sendo ata 2015 a única persoa en ocupar tanto o Campionato Mundial de pilotos e o Campionato nacional americano de monoprazas simultaneamente.
A súa carreira na Fórmula Un prolongouse por 15 tempadas, coas súas últimas dúas tempadas completas das carreiras no máxomo nivel na serie CART. Mansell é o segundo piloto británico máis exitoso de todos os tempos en térmos de carreiras gañadas con 31 vitorias, e é sétimo na lista xeral de gañadores de carreiras de Fórmula Un detrás de Michael Schumacher, Alain Prost, Lewis Hamilton, Sebastian Vettel, Ayrton Senna e Fernando Alonso.[1] Tiña a marca de maior número de poles logradas nunha soa tempada, que foi superada en 2011 por Sebastian Vettel.
Logo da súa retirda oficial da Fórmula Un en 1995, afeitouse o seu famoso bigote. A última vez que aparecera antes sen o seu bigote foi na primeira metade da tempada de 1988. O bigote fixo a súa reaparición cando Mansell foi entrevistado pola BBC no Gran Premio do Xapón de 2014.
Rexistro de carreiras
Resultados completos no campionato Europeo de Fórmula 2
(key) (Carreiras en negro' indican pole position; carreiras en italica indican volta rápida)
↑Ata 1990, non todos os puntos conseguidos por un piloto contaban no reconto final para o Campionato do Mundo (véxase a lista de sistemas de puntuación para máis información). Os números sen paréntese son puntos de Campionato; os números entre paréntese son o total de puntos conseguidos.