O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1983 celebrouse no Circuíto Paul Ricard en Francia o 17 de abril de 1983. Foi a terceira proba da tempada de Fórmula Un de 1983, o 61º Gran Premio de Francia, ou o 69º Gran Prix de l'ACF. A carreira disputouse sobre 54 voltas ao circuíto de 5´809 quilómetros para unha distancia total de carreira de 313´6 quilómetros.
Resumo da carreira
O piloto francés Alain Prost gañou a carreira co equipo Renault, foi a terceira vitoria consecutiva no Gran Premio de Francia da marca francesa e a cuarta en 5 tempadas. Segundo foi o Brabham - BMW do Campión do Mundo de 1981 Nelson Piquet, co compañeiro de Prost no equipo Renault Eddie Cheever terminando terceiro. Completaron os puntos Patrick Tambay no seu Ferrari, e os atmosféricos Williams de Keke Rosberg e Jacques Laffite .
Clasificación
Cualificación
Carreira
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
- O Pole Alain Prost foi 2 segundos máis rápido na cualificación que o segundo clasificado Eddie Cheever.
- Primeira vez que Cheever logra estar na primeira fila dun Gran Premio
- Ferrari rebentou 8 motores na práctica.[2]
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 2007-06-17.
Véxase tamén
Ligazóns externas