Foi autor de moitas iniciativas a prol da cidade de Vigo: promotor da creación do corpo de bombeiros, da Cruz Vermella; pediu a creación do museo de Castrelos en 1909 e, en 1926, presentou un proxecto para cumprir tal obxectivo; reivindicou o escudo da cidade e foi o primeiro que demandou a creación do estadio de Balaídos[Cómpre referencia].
No verán de 1936 tivo que fuxir de Vigo, vía Portugal, rumbo ao exilio en Paraguai. Á súa chegada a Asunción comezou a escribir para o xornal El País.
Obra
Autor dunha obra numerosa entre a que destacan traballos históricos sobre Rande e a Reconquista de Vigo. Tamén cultivou o teatro en galego escribindo un feixe de once pezas teatrais de diferente composición e estruturas diversas (comedia, entremés, alegoría, monólogo): Os catros túneles, O embargo (1911), O miñato e mais a pomba (1913), O trunfo da muiñeira (1914), ¿Cásome ou non me caso?, San Antón o casamenteiro (1920), O sobriño do abade (1927), O garda Mor (1929), O pano amarelo, A tixeira da vida e A venganza do sultán. Moitas delas foron representadas polo Real Coro Toxos e Flores, e apareceren reunidas en 1930 co título Obras teatrales galegas.
O retabro da capela maior da Eirexa Colexiata de Baiona.
La Reconquista de Vigo en 1809: juicio crítico e histórico, 1916.
La escuadra de plata, 1935.
El Museo de Bellas Artes y la Biblioteca Americana Juansilvano Godoi, 1940.