Os Xardíns da Mestranza , tamén chamados Xardíns da Real Maestranza , son unha zona verde da cidade da Coruña . Situados entre o Paseo Marítimo e a Cidade Vella , ocupan un total de 1,96 hectáreas . Canda diferentes monumentos, coma esculturas , antigos canóns de artillaría e tramos da muralla , nos xardíns localízase a sede do reitorado da Universidade da Coruña .
Historia
Vista dun tramo da muralla e do paraninfo da UDC .
O espazo que ocupan os Xardíns da Mestranza foron de uso militar dende mediados do século XVIII a fins do XX . O rei Fernando VI de España mandou construír a Real Mestranza da Coruña para o obradoiro e almacén de artillaría . As obras do edificio foron comezadas polo enxeñeiro Francisco Llobet en 1752 , mais as protestas dos conventos limítrofes (Santa Bárbara , San Domingos e San Francisco ) levaron a súa paralización.[ 1] En 1771 , Baltasar Ricaud reformou o edificio orixinal, de planta rectangular para dar lugar ao actual, cunha planta hexagonal irregular cun patio interior con corredores abertos con arcos sobre piares.[ 2] [ 3] Nas súas inmediacións instaláronse baterías de artillaría coa finalidade de protexer a ría do Burgo e o porto da Coruña .
Canón de artillaría nos Xardíns da Mestranza A finais do século XX, no marco da modernización das forzas armadas de España , a Mestranza da Coruña perdeu a súa finalidade militar e foi desmantelado o cuartel. No 1984 , o Concello da Coruña fíxose coa titularidade do espazo e urbanizou esta zona para a creación destes xardíns, o antigo edificio da Real Mestranza quedou restaurado en 1994 para acoller o reitorado da Universidade da Coruña .[ 1] [ 4]
Os Xardíns da Mestranza foron abertos ao público o día das Letras Galegas de 1993 . A principios do século XXI os xardíns foron agrandados ao rematar a restauración do antigo cuartel de Macanaz como sede da Fundación Luis Seoane .[ 5]
Monumentos
Monumento a Javier Fonte
Ademais de varios tramos da muralla, da escavación da igrexa de San Francisco e do pozo do século XIV do convento dos franciscanos, existen outros monumentos nos Xardíns da Mestranza:
Botánica
As especies arbóreas máis destacadas dos Xardíns da Mestranza son: [ 6]
Galería
Estatua de Diego del Barco
Busto de José de San Martín
Monólito en lembranza de Ramón Luis García Barros
Vista dos Xardíns co campanario da
Venerable Orde Terceira no fondo.
Canón nos Xardíns
Monumento en lembraza dunha veciña da Cidade Vella.
Notas
↑ 1,0 1,1 "Calle Maestranza: pasado militar y presente universitario - Pateando A Coruña" . www.cope.es . Consultado o 2023-12-27 .
↑ "Sede" . www.udc.es . Consultado o 2023-12-27 .
↑ "La antigua Maestranza de Artillería" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 2013-10-27. Consultado o 2023-12-27 .
↑ "HEMEROTECA Manuel Fraga inauguraba el Rectorado en el cuartel de A Maestranza" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 2004-10-05. Consultado o 2023-12-27 .
↑ "La remodelación de Macanaz costará cerca de mil millones" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 2001-07-06. Consultado o 2023-12-27 .
↑ "Xardíns da Maestranza" . Coruña Sostible . Consultado o 2023-12-27 .
Véxase tamén
Lugares senlleiros
Museos
Artes escénicas e da imaxe Espazos naturais
Outros lugares