Francisco Javier Montero Mejuto, nado en Santiago de Compostela en 1887 e finado en Madrid en xaneiro de 1974, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en El Eco de Santiago e Gaceta de Galicia. Foi un dos asinantes do Manifesto de Ourense da Liga Acción Gallega (1912) con Basilio Álvarez, Eugenio López Aydillo, Ramón Fernández Mato, Manuel Lustres Rivas e José Rodríguez Pavón e participou nalgúns mitins como o de Vilagarcía de Arousa, en setembro de 1912. Colaborou en Heraldo de Vigo e El Heraldo Gallego. Foi candidato agrario a deputado en Cortes polo distrito do Carballiño nas eleccións de 1914, pero foi derrotado.[1] En abril de 1914 encargouse da dirección de El Pueblo de Vigo.[2]. Trasladouse a Madrid onde foi redactor de España Libre, El Parlamentario, El Sol, Vida Nueva e La Voz; despois foi redactor de Informaciones até 1936. Foi directivo da Asociación de la Prensa de Madrid. Finou en Madrid en xaneiro de 1974.[3]
É autor dun estudo sobre Cristovo Colón, La patria del almirante (1927), escrito con Antonio Valero de Bernabé.
Castelao fixo a súa caricatura, publicada no primeiro número de Galicia Moza en 1909.
Notas
- ↑ Diario de Galicia, 10-3-1914, p. 3.
- ↑ La Idea Moderna, 24-4-1914, p. 2.
- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 21-1-1974, p. 21.