O coruñés Eduardo Dato foi elixido presidente do Consello de Ministros .
As eleccións xerais de España de 1914 celebráronse o 8 de marzo , meses antes da primeira guerra mundial , na que España se declararía neutral, baixo sufraxio universal masculino para a elección de 409 deputados, e a forza máis votada foi a coalición das dúas faccións do Partido Conservador , dirixido por Eduardo Dato mentres as dúas faccións do Partido Liberal quedaron bastante lonxe. Tamén se presentou unha Conxunción Republicano-Socialista , que reunía os diferentes partidos republicanos e mais o Partido Socialista Obrero Español . Os Radicais de Lerroux e a Unión Federal Nacionalista Republicana ían en coalición electoral , tras do Pacto de Sant Gervasi , aínda que en Cataluña non conseguiron desbancar a hexemonía da Lliga Regionalista .
Foi elixido presidente do Congreso o conservador Augusto González Besada e presidente do Senado Marcelo Azcárraga , falecido en 1915 e substituído por Joaquín Sánchez de Toca Calvo . O xefe de goberno foi Eduardo Dato , pero o 9 de decembro de 1915 dimitiu por diferenzas internas no partido e cedeu o goberno ao conde de Romanones , quen convocaría novas eleccións o 6 de abril de 1916 . Durante esta lexislatura constituíuse a Mancomunidade de Cataluña , presidida por Enric Prat de la Riba .
Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións
Resultados en Galicia
Augusto González Besada .
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Notas
↑ Alberto Príncipe Bárcena foi elixido deputado por Lugo o 20/03/1914 e causou baixa o 24/04/1914 e foi dado de alta como deputado por Ourense o 20/06/1914.
Véxase tamén
Outros artigos