Avogado e economista. Militante do Partido Conservador, era un home de José Canalejas, que logo da súa morte se puxo baixo a protección de Augusto González Besada.[1] Foi deputado polo distrito de Lugo (1915-1916), e durante catro lexislaturas polo de Chantada (1916-1923). Chegou a identificarse co movemento das Irmandades da Fala. Nomeado director xeral de Comercio, Industria e Traballo, participou na primeira guerra mundial como cronista para El Mundo. Sucedeu a Baldomero Argente á fronte do Ministerio de Abastecementos entre febreiro e abril de 1919. Colaborou en diversos xornais, dirixiu o xornal Fígaro, fundou a Revista Económica y Finaciera e publicou Entre campos de batalla. Tomo I. Al margen de la guerra. Crónicas retrospectivas (1915).
En xaneiro de 1923 apareceu en Chantada o periódico El Regionalista que se proclamaba defensor da súa liña política.[2][3]
Notas
↑Vallejo Pousada, Rafael; Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan (2005). Deputación Provincial, ed. Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración. Pontevedra. p. 163. ISBN84-8457-255-2.