Alejandro Lerroux |
|
Nacemento | 4 de marzo de 1864 La Rambla, España |
---|
Morte | 27 de xuño de 1949 (85 anos) Madrid, España |
---|
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
---|
|
Presidente do Consello de Ministros |
---|
4 de outubro de 1934 – 25 de setembro de 1935 ← Ricardo Samper – Joaquín Chapaprieta → |
Presidente do Consello de Ministros |
---|
16 de decembro de 1933 – 28 de abril de 1934 ← Diego Martínez Barrio – Ricardo Samper → |
Deputado nas Cortes republicanas |
---|
7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 |
Presidente do Consello de Ministros |
---|
12 de setembro de 1933 – 9 de outubro de 1933 ← Manuel Azaña – Diego Martínez Barrio → |
Deputado nas Cortes republicanas |
---|
22 de xullo de 1931 – 13 de agosto de 1931 – Ramón Gil Roldán → |
Deputado nas Cortes republicanas |
---|
22 de xullo de 1931 – 13 de agosto de 1931 – Joaquín García Ribes (en) → |
Deputado nas Cortes republicanas |
---|
22 de xullo de 1931 – 13 de agosto de 1931 – Pablo Valiente Paredes (en) →
Circunscrición electoral: Cáceres (en) |
Deputado nas Cortes republicanas |
---|
11 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 |
Deputado nas Cortes republicanas |
---|
8 de xullo de 1931 – 13 de agosto de 1931 – Tomás Peire Cabaleiro (en) →
Circunscrición electoral: Huesca (en) |
Ministro de Estado de España |
---|
14 de abril de 1931 – 16 de decembro de 1931 |
Deputado das Cortes |
---|
13 de xuño de 1919 – 15 de setembro de 1923 |
Deputado das Cortes |
---|
18 de abril de 1916 – 10 de xaneiro de 1918 |
Deputado das Cortes |
---|
18 de marzo de 1914 – 16 de marzo de 1916
Circunscrición electoral: Córdoba (en) |
Deputado das Cortes |
---|
18 de xuño de 1901 – 2 de xaneiro de 1914 |
Presidente da Asociación da Prensa de Madrid |
---|
|
Ministro da Guerra |
---|
|
|
|
Ideoloxía política | Anticlericalismo, Catalanofobia, workerism (en) e Populismo |
---|
Educación | Universidade de La Laguna |
---|
|
Lugar de traballo | Madrid |
---|
Ocupación | político, xornalista, avogado |
---|
Partido político | Partido Republicano Radical (1908–1939) Unión Republicana (1901–1908) |
---|
Membro de | |
---|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Lerroux (Alejandro), p.225) Q122834026 , (sec:Don Alejandro Lerroux García, p.299-305) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
---|
|
Alejandro Lerroux García, nado en La Rambla (Córdoba) o 4 de marzo de 1864 e finado en Madrid o 25 de xuño de 1949), foi un político andaluz, que ocupou a presidencia do goberno de España durante un breve período da Segunda República.
Traxectoria
Lerroux García, fillo dun veterinario militar, comezou a carreira das armas, pero abandonouna enseguida. Licenciouse en Dereito, e desde a súa mocidade militou nos partidos republicanos, seguindo a Manuel Ruiz Zorrilla. Dedicouse ao xornalismo, desenvolvendo un estilo agresivo e populista; dirixiría varias publicacións, entre elas El País, El Progreso, La Publicidad, El Intransigente e El Radical. Varias veces detido e preso, impenitente duelista á usanza romántica, estableceuse en Barcelona, onde foi nomeado director do diario La Publicidad. Coas súas campañas, duramente anticlericais e populistas, gañouse ao ambiente obreiro, e chegou a ser chamado o Emperador do Paralelo, sector barcelonés de alegre vida nocturna. As campañas do seu xornal produciron disturbios de carácter antimilitarista e anticatalanista, contrarrestados por fortes reaccións doutros sectores opostos, ata que o aire barcelonés empezou a facérselle irrespirable.
Electo deputado por primeira vez en 1901 pola Unión Republicana, entre cuxos fundadores se contara, repetiu en 1903 e 1905, ata que o cofundador Nicolás Salmerón abandonase o partido para incorporarse á coalición Solidariedade Catalá en 1906; Lerroux decidiu entón separarse, descontento co crecente nacionalismo catalán, para o que formou en 1908 o Partido Republicano Radical.
A condena contra un dos seus artigos levouno por primeira vez ao exilio en 1907; volvería abandonar o país escapando das represalias gobernamentais trala Semana Tráxica de Barcelona en 1909. Ao seu regreso ingresou na Conjunción Republicano-Socialista, e recuperou en 1910 o seu escano de deputado; con todo, os escándalos de corrupción que se sucederon o afastaron do seu electorado barcelonés, e en 1914 a falta de apoio levouno a presentarse en Córdoba. Participou en política aínda durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera, aínda cando a secesión dos Radical-Socialistas de Marcelino Domingo en 1929 debilitou o seu partido; formou parte do comité revolucionario que preparou o derrocamento de Afonso XIII, e participou na proclamación da Segunda República Española en 1931.
Apoiou as reformas do goberno de Manuel Azaña durante o seu primeiro bienio, e como ministro de Estado formou parte da coalición de esquerda que apoiou a este. Con todo, aproximouse ás posicións da dereita e en 1933 pactou cos conservadores que obtiveron o poder. Entre 1933 e 1935 ocupou tres veces a cabeza do goberno, ademais das carteiras de Estado (1935) e con carácter interino a de Guerra (1934) trala dimisión de Diego Hidalgo Durán. O seu definitivo derrube político viría dado pola súa implicación no escándalo do estraperlo, que motivou o seu afastamento da coalición gobernante. Non obtivo éxito nas eleccións de 1936, e exiliouse en Portugal ao comezo da guerra civil española. Regresou a España en 1947, téndose reconciliado cos líderes do alzamento militar do ano 1936.