Eugenio Montero Villegas, nado en Madrid en novembro de 1873 e finado na mesma cidade o 9 de setembro de 1917, foi un político galego.
Traxectoria
Fillo de Eugenio Montero Ríos e Avelina Villegas Rubiños. Estudou Dereito en Madrid e licenciouse en Dereito Civil e Canónico. Como sucedeu co seu irmán Avelino, aos vinte e cinco anos, a familia situouno no distrito de Cambados, aproveitando que a finais de xuño de 1898 morreu o deputado deste distrito Antonio Díaz de Rábago. A partir das eleccións de 1899 e ata 1916 saíu elixido deputado por Muros en sete lexislaturas consecutivas. Foi director xeral de Agricultura (1906) e subsecretario de Graza e Xustiza e de Instrución Pública.
Vida perosal
Casou con Josefina Becerra Malvar, filla de Manuel Becerra Armesto.
Véxase tamén
Ligazóns externas