Eduardo Alberto Rodríguez Cunha, coñecido como Tatán, nado en Redondela o 15 de maio de 1954, é un actor galego.[1]
Participou en espectáculos teatrais, de televisión, cinema e sobre todo en obras con monicreques. Tamén se dedicou á música.
Traxectoria
Impartiu cursos de dramaturxia e participou en diferentes xurados de premios. Participou no proxecto Corasóns (2012-3), na banda de Pop-Rock Eigualdeixa, no CD Tatán Chapeu (2016) e no proxecto María Fumaça (Xerais, 2013).[2]
Foi fundador do Colectivo de teatro Cirigaita en Redondela en 1980, da compañía teatral Tanxarina en 1983, tamén en Redondela, e de Producións Teatrais do Sur S.L.[3] É o presidente da Asociación de Xente Titiriteira, que participa desde a súa creación no Festival de Títeres de Redondela.
Dirección
- O vendedor de paxaros (1999). C. Miro Magariños.
- Os tres xigantes superliantes (2002). Con Miro Magariños.
- A verdadeira historia de Pitita Braun (2008). C. Miro Magariños
- O Crebanoces (2009). C. Santi Prego
- Festa da Reconquista (2013). Vigo
- Santiago (2015). C. Paulo Medal. Redondela.
- Te doy mis manos (2021). Ocelot Tatro.
Filmografía
Cine
Curtametraxes
- O derradeiro grolo (2004). Olalla Piñeiro.
- A voda (2005). Mario Iglesias.
- Meniña (2006). Dani Domínguez.
- Finisterre (2007).
- O meu crime perfecto (2009). Bernabé Carrillo.
- O coidado (2023). Miguel Canalejo.
Televisión
Teatro
Con Tanxarina
- Migallas cirigaitas (1983). Monicreques.
- Rosalín no país do sol (1984). Marionetas de fío.
- Un, dous, catro... 24; Mariquiña ten un gato (1985). Monicreques e animación.
- Puf, kataplof, chas!! (1986). Monicreques e animación.
- Tutti frutti (1987). Monicreques, marionetas e actores.
- Titiricircus (1988). Marionetas de fíos e actores.
- Coca a volta da besta (1989). Teatro de rúa, lume, animación.
- O bebé (1990). Teatro de sombras.
- Santiago, Santiago (1993). Bunraku e vara.
- Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1996). Actores e marionetas de fío.
- Contaloucos (1998). Bonecos de mesa e actores.
- Ratapú (2002). Bonecos muppets e actores.
- Os narigudos (2004). Monicreques de luva e variñas.
- Sombreiros sen chapeu (2007). Sobras e actores.
- Trogloditas (2010). Actores e bonecos de vara.
- A casa do avó (2014). Actores e siluetas.
- As bombas e o xeneral (2016). Actores e siluetas.
- A galiña azul (2017). Actores e monicreques.
- A cazola de Lola (2021). Actores e monicreques.
Co Centro Dramático Galego
- A cacatúa verde (2001). Como o Marqués de Lansac.
- Terceiro acto (2020).
Con Producións Teatrais do Sur S.L.
- Macbett (1994). E. Ionescu. Como Rei Duncan.
- Sempre Ubú (1996). A. Jarry. Como Nai Ubú.
Co Teatro do Morcego
Co Centro Dramático Nacional
- Luna en Marte (2021). Dir. Dan Jemmet. Como Vittorio.
Música
Premios
- 2018: Finalista nos V PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA, por Chapeu.[5]
- 2022: Premio María Casares ao mellor actor protagonista por Terceiro acto.[6]
- 2022: Premio de Honra “Dorotea Bárcena 2022 do FETEGA: "pola súa ampla traxectoria de 39 anos nos que comezou como marionetista e se converteu nun referente do teatro de obxectos en Galiza, fundador, entre outras de Tanxarina Teatro en 1983".[7]
- 2024: Chimpín de Prata “Pepe Puime” do Festival de Cans.[8]
- 2024: Premio de Honra do festival Galicreques: "sen o seu traballo como actor e como titiriteiro, o noso teatro non sería o que é hoxe".[9]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas