Actor de teatro e presentador da Radio Galega, comezou a traballar na TVG como presentador do programa A Reoca en 1990 con Antonio Durán e colaborou noutros programas como Sitio Distinto ou Luar. Foi a personaxe de Ladislao Couto en Mareas vivas (onde tamén exercía como guionista) a que o deu a coñecer amplamente en Galicia.
Conta cunha longa carreira no mundo do monólogo, acadando grande éxito por toda Galicia e fóra dela. En 2003 foi finalista do Certame de Monólogos de El club de la comedia. En 2008 co-produciu con Abada a súa obra de teatro Humor neghro, coa que actuou por toda a comunidade co músico guineanoManecas Costa.[3][4]
Dende o 2011 percorreu os escenarios xunto con Xosé Manuel Budiño cun espectáculo chamado iLalelo no que Budiño facía de DJ e Blanco de monologuista.[5]
É o pai de Lois Blanco Araúxo, director de teatro, que ten dirixido a seu pai en varias ocasións. Carlos Blanco foi o sétimo de sete irmáns, entre eles o adestrador de baloncesto Alberto Blanco Vila.