Fernando Cortizo Rodríguez, nado en 1973 en Santiago de Compostela, é un director e guionista galego.
Traxectoria
Tras exercer un tempo como veterinario, comezou a interesarse polo cine de imaxe real, e realizou dúas curtametraxes de imaxe real, para logo pasar á animación en stop motion coa curtametraxe Black Cat Spantat. Tras esta primeira experiencia, en 2007 creou Artefacto Producciones, onde realizou O Boiro, O Ladrón de Bonecas, Leo, Sombras na noite e Promesa.
En 2009 comezou a produción da súa primeira longametraxe, O Apóstolo, sendo o primeiro filme europeo en stop motion estereoscópico. Para o proxecto conseguiu involucrar a técnicos procedentes das maiores producións mundiais, así como ó músico norteamericano Philip Glass para a realización da banda sonora. O filme foi gañador de numerosos premios internacionais como: Premio do Público ANNECY (Francia 2013), Premio do Xurado Fantasporto (Portugal 2013), Gañador de Animamundi (Brasil 2013), mellor filme Animpact (Corea 2013), mellor filme Expotoons (Arxentina 2012), ademais dun nomeamento nos Premios Goya 2013, na categoría mellor filme de animación.
Filmografía
Longametraxes
- O Apóstolo (2012), animación.
- Terry´s Way. O Camiño acaba en Obradoiro (2016), documental.
Curtametraxes
- O monstro da praia (2000), imaxe real.
- Sólo (2002), imaxe real.
- Blackat spantat (2004), animación.
- Dez Olladas (2004), documental.
- Bucowski (2004), imaxe real.
- O Boiro (2005), animación.
- O Ladrón de Bonecas (2005), animación.
- Promesa (2006), animación.
- Leo (2007), animación.
- O coidador de gatos (2008), animación.
Galardóns e nomeamentos
Véxase tamén
Ligazóns externas