Jaione Camborda

Modelo:BiografíaJaione Camborda

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1983 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Cinema e Televisión da Academia de Artes Escénicas de Praga
Universidade de Televisión e Cinema de Múnic Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Participou en
Tabakalera Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webjaionecamborda.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3755267 Allocine: 677705
Facebook: jaione.cambordacoll Twitter: jaionecc BNE: XX5588971 Editar o valor en Wikidata

Jaione Camborda Coll, nada en Donostia (Guipúscoa) o 1 de marzo de 1983, é unha guionista e directora de cine vasca.[1][2]

Traxectoria

Estudou Comunicación Audiovisual en Madrid e, despois, formouse nas escolas de cine en Praga e Múnic.[3]

Dende 2010 vive e traballa en Santiago de Compostela e en 2011 creou a produtora Esnatu Zinema.[3] Estivo asociada co Novo Cinema Galego,[1][4] traballando como directora de arte ou como produtora en O ouro do tempo (estreada en Karlovy Vary, República Checa) e Verengo (estrea no Festival internacional de cinema independente de Buenos Aires, BAFICI).

Tamén traballou como directora de arte en Las altas presiones que gañou, en 2015, o Premio Las Nuevas Olas no Festival de Cine de Sevilla. En 2019 realizou a súa primeira longametraxe, Arima, que foi presentada de novo no Festival de Cine de Sevilla, ademais de recibir o premio.[5] En 2023 acadou a Cuncha de Ouro do Festival de Donostia co filme O corno.

En 2024 nos Mestre Mateo acadou os premios de mellor dirección e mellor guión, por O corno[6] e tamén o Premio da Crítica de Galicia no mesmo ano.[7]

Obras

Data Título Formato Participación Premios
2023 O corno Longametraxe Directora Cuncha de Ouro no Festival Internacional de Cine de Donostia.[8]
2019 Arima[9] Longametraxe de ficción Directora

Guionista

Produtora

Premio á mellor dirección en Nuevas Olas no Festival de Sevilla[10]

Premio á mellor película no IX Festival Márgenes de Madrid.[11]

2015 Proba de axilidade Curtametraxe Directora

Produtora

2015 Nimbos Curtametraxe Directora

Produtora

2015 Lilit Curtametraxe Directora
2017 Ons Longametraxe de ficción Guionista
2014 Os fenómenos Longametraxe de ficción Guionista Mellor guión no Festival de Cine de Fortaleza

Mestre guión na XIIIª edición Premios Mestre Mateo (xunto con Alfonso Zarauza)

2017 Rapa das bestas[12] Curtametraxe Directora

Produtora

2015 Verengo Longametraxe documental Produtora
2017 Tempo vertical Longametraxe Directora de arte
2014 Las altas presiones Longametraxe de ficción Directora de arte Nuevas Olas Cine Europeo de Sevilla[13]

Festival Internacional de Cine de Busán: Sección: Flash Forward.

2015 O ouro do tempo Longametraxe Directora de arte
2014 Encallados Longametraxe Directora de arte

Notas

  1. 1,0 1,1 "Jaione Camborda y la mujer de las mil caras en ‘Arima’". cineconene.es (en castelán). 7 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 21 de xaneiro de 2021. 
  2. "Jaione Camborda". Decine21 (en castelán). Consultado o 2021-01-21. 
  3. 3,0 3,1 Redacción (4 de marzo de 2020). "La realizadora Jaione Camborda visita el Grupo de Diálogo sobre Cine del Musac". leonoticias.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2021. 
  4. Redacción (14 de novembro de 2019). "Jaione Camborda, del Novo Cinema Galego: "En nuestra generación aún hay un apego a la aldea, pero se está desvaneciendo". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2021. 
  5. "Jaione Camborda habla de 'Arima' con imágenes". Festiva de Sevilla (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2020. Consultado o 2021-01-21. 
  6. Diario, Nós (2024-03-23). "'O Corno' arrasa nos Mestre Mateo con sete premios, incluído o de Mellor Longametraxe: consulta aquí todas as gañadoras". Nós Diario. Consultado o 2024-03-24. 
  7. Diario, Nós (2024-10-19). "Estas son todas as gañadoras e gañadores dos Premios da Crítica da Galiza 2024". Nós Diario. Consultado o 2024-10-19. 
  8. "'O Corno' estréase en Galicia tras facer historia en Donostia e chega aos cines como un éxito que se sente colectivo". Praza Pública. 2023-10-03. Consultado o 2023-10-06. 
  9. "Jaione Camborda estrena "Arima"". EITB Radio Televisión Pública Vasca (en castelán). 2020-02-07. Consultado o 2021-01-21. 
  10. SL, TAI GABE DIGITALA (2019-11-21). "Jaione Camborda: «‘Arima’ es una historia de mujeres atrapadas en una dimensión perturbadora»". naiz: (en castelán). Consultado o 2021-01-21. 
  11. ""Arima", de Jaione Camborda, gana un premio en el festival Márgenes". Faro de Vigo (en castelán). 2019-12-02. Consultado o 2021-01-21. 
  12. "RAPA DAS BESTAS. Un cortometraje de Jaione Camborda" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 2021-01-21. 
  13. "Palmarés 2014". festivalcinesevilla.eu/ (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2020. Consultado o 21 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas