A longametraxe Os fenómenos, dirixida por Alfonso Zarauza, fíxose cos galardóns máis importantes, entre eles o de mellor filme, mellor director e mellor guión, así como o de mellor actriz secundaria para Ledicia Sola. Por outra banda, A esmorga, que era candidato a 16 premios, conseguiu seis premios, entre eles a maior parte das categorías técnicas: dirección de arte, dirección de fotografía, música orixinal, deseño de vestiario, maquillaxe e peiteado. Ademais, levou o premio ó mellor actor para Antonio Durán "Morris", que tamén gañou o de mellor actor secundario, polo seu papel na miniserie Códice. Schimbare, conseguiu os galardóns de mellor dirección de produción e mellor son. Mabel Rivera fíxose co premio á mellor actriz protagonista por Pazo de Familia. O galardón á mellor serie de televisión foi para Serramoura, sendo o único premio que conseguir entre as nove candidaturas ás que optaba.
Premios
Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.