Fernanda Tabarés

Modelo:BiografíaFernanda Tabarés
Nome orixinalFernanda Tabarés Domínguez
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalLicenciada en Ciencias da información
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Q89547790Vía V, de V Televisión
Actividade
OcupaciónDirectora de Voz Audiovisual
EmpregadorGrupo Voz
LinguaCastelán, galego
Premios
Premio Mestre Mateo


María Fernanda Tabarés Domínguez, nada en Ourense o 27 de febreiro de 1968, é unha xornalista galega.[Cómpre referencia]

Traxectoria

É licenciada en Ciencias da información pola Universidade Complutense de Madrid.[1] Tabarés leva máis de cinco lustros vinculada ao Grupo Voz, onde desenvolveu diversas tarefas xornalísticas e de xestión.[1]

Entre outras funcións, foi delegada de La Voz de Galicia no Carballiño - O Ribeiro, xefa de sección de Sociedade e Cultura de La Voz de Galicia, xefa de Sociedade de Diario 16 e delegada do mencionado xornal coruñés en Vigo.[1]

Entre os anos 2009 e 2010 participou como comentarista en 13 dos programas de Foro Aberto que emitiu a Televisión de Galicia.[2]

Desde 2010 até a súa desaparición en decembro de 2017, dirixiu e presentou o programa Vía V, de V Televisión, con 1 128 emisións.[1][3] Polo seu traballo neste desaparecido programa de debate e faladoiro gañou o premio Mestre Mateo á mellor comunicadora de televisión en 2012.[4]

Presentou as Galas dos Premios Mestre Mateo nos anos 2013 e 2014.[2]

Despois da suspensión das emisións de Via V, desde os comezos do ano 2018 —coa conclusión da serie O final do camiño— a produtora Voz Audiovisual, da Corporación Voz de Galicia, renovou a súa estrutura. Fernanda Tabarés, até esta data directora de V Televisión, foi nomeada directora de Voz Audiovisual, sucedendo a Carlos Carballo.[5]

Fernanda Tabarés escribe un artigo semanal no suplemento YES (Ya Es Sábado) do xornal La Voz de Galicia.[4]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cierra el programa de Fernanda Tabarés que daba notoriedad a V Televisión. En Mudiario, 1 de decembro de 2016. Consultada o 12 de setembro de 2018.
  2. 2,0 2,1 Fernanda Tabarés en IMDb. Consultada o 16 de setembro de 2018.
  3. «Vía V» cumple mil programas analizando la actualidad. La Voz de Galicia, 29/02/2016. Consultada o 12 de novembro de 2018.
  4. 4,0 4,1 Fernanda Tabarés Arquivado 13 de setembro de 2018 en Wayback Machine. en Deputación de Pontevedra. Foro "As mulleres que opinan son perigosas". Consultado o 12 de setembro de 2018.
  5. Fernanda Tabarés, nueva directora de la productora Voz Audiovisual. La Voz de Galicia, 12/01/2017. Consultada o 12 de setembro de 2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas