Dolores de los Milagros Casal Devesa, artisticamente coñecida como "Mela Casal", nada en Rodiño Grande (Sergude, Boqueixón) en 1948, é unha actriz galega.
Traxectoria
Fíxose popular para os espectadores galegos polo seu papel da alcaldesa de Portozás, Celia Rei, na serie Mareas vivas e posteriormente foi unha das protagonistas doutra serie de ficción de éxito da TVG, A vida por diante, emitida entre xaneiro de 2006 e decembro de 2007.
En televisión ten colaborado ademais noutras producións como Nada es para siempre (Antena 3), sen esquecer o seu papel de Socorrito en Luar. Entre as súas incursións en cine cabe destacar a súa participación en títulos como Sei quen es, de Patricia Ferreira Mañá, en 2000, O lapis do carpinteiro de Antón Reixa en 2003 e O ano da carracha, de Jorge Coira, en 2004, así como varias curtametraxes.
Nos últimos anos participou en producións galegas coma a película Pradolongo (2008) ou o telefilme O club da calceta (2009).
Estivo nomeada ó Premio Mestre Mateo á mellor actriz protagonista en 2008 pola súa interpretación de Sofía en A vida por diante. Tamén conta cunha grande experiencia teatral.
Cine
- Martes de carnaval (1991), de Fernando Bauluz e Pedro Carvajal.
- Huidos (1993), de Sancho Gracia.
- O párroco embaucado (1994), de José Carlos Soler (curtametraxe)
- Contos de Alentraia: Tornabón (1994), de Jorge Coira e José Carlos Soler. Como Meiga.
- A metade da vida (1994), de Raúl Veiga.
- A todo tren (1995), de Liida Mosquera (curtametraxe).
- Cando volvas ó meu lado (1999), de Gracia Querejeta. Como Clienta.
- Sei quen es (2001), de Patricia Ferreira Mañá. Como Encargada hemeroteca.
- Inútil (2001), de Paco Rañal.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Como Lavandeiro.
- O ano da carracha (2004), de Jorge Coira. Como Nai de Fran.
- Voarei lonxe (2005), de Belén Vidal (curtametraxe).
- Adeus edrada? (2005), de Rubén Riós.
- Pradolongo (2008), de Ignacio Vilar. Como Maruxa.
- Conexão (2009), de Leonel Vieira.
- O club da calceta (2009), de Antón Dobao.
- Vilamor (2008), de Ignacio Vilar. Como Anuncia.
- Sinbad (2011), de Antón Dobao. Como Aurora.
- A esmorga (2014), de Ignacio Vilar.Como Nonó.
- Little Galicia (2015), de Alber Ponte.
- The Rebel (2018), de Óscar Doviso. Como Margaret Pearse.
- A illa das mentiras (2020), de Paula Cons. Como Julia.
- María Solinha (2020), de Ignacio Vilar. Como Palmira.
- Cuñados (2021), de Toño López. Como Aurelia.
- La manzana de oro (2022), de Jaime Chávarri. Como Federica.
- Amigos hasta la muerte (2023), de Javier Veiga. Como doutora Escrigas.
- +Cuñados (2024), de Luis Avilés. Como Aurelia.
Televisión
Teatro
- Estima (2003), da compañía Pífano.
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas