Martes de carnaval é unha película española rodada en Galicia, dirixida por Fernando Bauluz e Pedro Carvajal, e estreada en 1991.
Argumento
"Hoxe, Martes de carnaval, os cigarróns espreitan. Non se deixen levar pola súa danza de bestas en celo, porque cando se dean conta de que bailan ao son da morte, será tarde", escoita o escritor na radio ao empezar un día que pode ser fatal para el. Na súa vella casa de aldea galega trata de fuxir do fracaso matrimonial, do alcol e da falta de inspiración. O encontro cos cigarróns, inquietantes máscaras, provócalle estraños soños e abre as lembranzas dese outro Martes de Carnaval da súa xuventude que lle marcou o destino. Tamén hoxe debe acabar un relato sobre quen máis o amolan: a súa exmuller, o seu editor e a ama que o coida.
Elenco
Véxase tamén
Ligazóns externas