Margarita "Marga" Pazos Barcala, nada na Coruña[1] é unha xornalista e presentadora de televisión galega. Nos Premios Mestre Mateo 2014 recibiu o galardón á mellor comunicadora de televisión.
Traxectoria
Malia nacer na cidade da Coruña, criouse na Estrada dende nena. Foi a presentadora da cerimonia dos Premios Mestre Mateo 2015 xunto con Xosé Antonio Touriñán.[2]
Galardóns e nomeamentos
Ano |
Categoría |
Título |
Resultado
|
2003 |
Mellor comunicadora de televisión |
Telexornal – Informativos |
Nomeada
|
2014 |
Mellor comunicadora de televisión |
Telexornal Mediodía |
Gañadora
|
Televisión
Represalias da CRTVG
Marga Pazos foi relegada a un posto de locutora logo de gañar unha sentenza contra a TVG, declarar no xuízo que condenou a Corporación por vulnerar o dereito á folga no 8-M e dar a cara -con lectura de manifesto incluído- nas mobilizacións dos seus compañeiros.[3][4]
Segundo o colectivo Defende a Galega e o comité de empresa, a TVG prohibiulle a Pazos desempeñar as funcións de redactora tras 20 anos como reacción a unha sentenza que lle recoñecera a equiparación salarial como redactora. O comité acusou á dirección da CRTVG de aplicar unha severa represalia sen precedentes contra ela, limitando as súas funcións a pesar da sentenza xudicial que recoñecía o seu dereito a un complemento salarial.[5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas