Ramón Castiñeiras Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 6 de setembro de 1963, é un actor galego, máis coñecido como Monti Castiñeiras.
Traxectoria
Estudou Filoloxía Inglesa e Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. En canto á súa formación como actor, estudou interpretación, danza, expresión corporal, ortofonía, dicción, canto, voz, narración oral etc. con Arnold Tarraborelli, Begoña Vale, Marta García, Jesús Aladrén, Ramón Bermejo, Vicente Fontes, Assumpta Serna, Scott Cleverdon ou José Campanari.
Actividade laboral
Castiñeiras é un actor de extensa traxectoria profesional. Traballou en cinema, teatro, televisión e publicidade. Gran parte da súa carreira desenvolveuse en Galiza, onde traballou tanto en curtametraxes coma en longametraxes, amais de en diversas series emitidas pola TVG desde finais da década dos 90, ben con personaxes fixos ou a modo de colaboracións.
Tamén se lle viu en aparicións capitulares dalgunhas series de éxito a nivel estatal como Un paso adelante ou El comisario, entre outras, ademais do seu papel fixo na telenovela Géminis, venganza de amor.
No cinema traballou en 2 ocasións ás ordes de Antonio Mercero e en teatro foi autor e produtor, ademais de protagonista, dun dos seus últimos espectáculos, Borracheira de paixón.
É tamén actor de dobraxe, e dedícase a iso dende a década dos 90, aínda que hoxe en día segue en activo dobrando en galego series e filmes.
Televisión
Cine
- Divinas palabras (1987), de José Luis García Sánchez.
- Vídeo doméstico (1995), de Chema Gagino (curtametraxe).
- Isolina do Caurel (1997), de Chema Gagino (curtametraxe).
- Os pocillos (1999), de Pedro C. Solla.
- Tanto ten (2000), de Pedro C. Solla (curtametraxe).
- Era outra vez (2000), de Juan Pinzás.
- Condenado a vivir (2001), Roberto Bodegas.
- Días de voda (2002), de Juan Pinzás.
- Ilegal (2003), de Igancio Vilar.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa.
- Planta 4ª (2003), de Antonio Mercero.
- O trasto (2003), de Rafael Calvo.
- Secuestrados en Xeorxia (2003), de Gustavo Balza.
- Pataghorobí (2005), de Ricardo Llovo.
- Viure sense por (2005), de Carlos Pérez Ferré.
- Te quiero mal (2005), de Mireia Giró (curtametraxe).
- A Atlántida (2005), de Belén Macías.
- Os aires difíciles (2006), de Gerardo Herrero.
- A biblioteca da iguana (2006), de Antón Dobao.
- ¿Y tú quién eres? (2007), de Antonio Mercero.
- A mariñeira (2008), de Antón Dobao.
- O club da calceta (2009), de Antón Dobao.
- Conexão (2009), de Lionel Vieira.
- Dictado (2012), de Antonio Chavarrías.
- A esmorga (2014), de Ignacio Vilar.
- Sicixia (2016), de Ignacio Vilar.
- Os fillos do sol (2017). Telefilme. Como garda civil.
Galardóns e nomeamentos