Códice é unha miniserie de suspense galega que foi estreada na TVG. A miniserie conta a historia do roubo do Códice Calixtino na Catedral de Santiago de Compostela.[2] A primeira parte foi emitida o 23 de decembro de 2014, e a segunda o 30 de decembro.[3] A preestrea da miniserie realizouse o 18 de decembro no Teatro Principal de Santiago.
Personaxes
- Miguel de Lira como Manolo Carballeira, o electricista da catedral.
- Francis Lorenzo como Comisario Dávila
- Antonio Durán "Morris" como Xosé María, deán da catedral
- María Vázquez como Marina Velasco, inspectora do caso do roubo
- Carlos Blanco Vila como Xuíz Casal
- Mónica Camaño como Olga, muller de Manolo
- Tamar Novas como Esteban, fillo de Manolo
- Sabela Arán como Noelia, moza de Esteban
- Manuel Cortés como Mujico, xefe de redacción
- Luis Zahera como Lázaro, fotógrafo xornalístico
- María Castro como Natalia, redactora
- Xosé Barato como Quintela, axente de policía
- Xulio Abonjo como Salgado, axente de policía
- Manuel Manquiña como Arcebispo
- Alfonso Agra como Administrador da catedral
- Luís Iglesia como Joaquín Veiga, organista da catedral
- Antonio Mourelos como Fernando Silveira, extorsionador
- Camila Bossa como Sabela, camareira
- César Cambeiro como Celeiro, veciño de Manolo
Produción
A miniserie rodouse na cidade de Santiago de Compostela e mais na Catedral,[4] e as localizacións técnicas fixéronse en agosto de 2014. A rodaxe comezou o 8 de setembro[5] e rematou o 10 de outubro de 2014. A posprodución realizouse nos meses de outubro e novembro.
Galardóns e nomeamentos
Nos Premios Mestre Mateo de 2014, Serramoura estivo nomeado en 3 premios, resultando gañador Antonio Durán "Morris" como mellor actor secundario pola súa interpretación de Xosé María, o deán da catedral.
Ano |
Categoría |
Receptor |
Resultado
|
2014 |
Mellor actor secundario |
Antonio Durán "Morris" |
Gañador
|
Mellor música orixinal |
Manuel Riveiro |
Nomeado
|
Mellor deseño de vestiario |
Eva Camino |
Nomeada
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas