Estudou cinematografía na Universidade de León. Despois de traballar en diversos proxectos audiovisuais dá o seu salto á dirección. Produce, escribe e dirixe varias curtametraxes, todas elas orientadas a xogar coa linguaxe audiovisual para atopar a súa propia narrativa.
Os seus filmes son parte de festivais coma os de Locarno, San Sebastian, Viennale, New directors/New Films MoMA, Clermont Ferrand, Telluride Film Festival, Mar del Plata, Alcine, Slamdance, Festival Málaga, Encounters, Xixón, Alternativa, Shnit, Aspen Shortfest, Sevilla, etc.