Trote é un filme galego de 2018 dirixido por Xacio Baño, sendo a súa primeira longametraxe. O filme conta o rol da muller como coidadora que non atopa o xeito de saír dun ambiente opresivo.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Locarno o 8 de agosto de 2018.
Sinopse
A acción transcorre durante a fin de semana da rapa das bestas, mentres a aldea comeza a preparar os festexos. Carme é unha muller da aldea que vive a carón do seu pai, Ramón, e da súa nai doente. A comunicación co seu pai é case inexistente. O seu traballo, nunha panadaría, e a súa vida nun ambiente afogador fan que medre a necesidade de fuxir, mais as súas circunstancias nunca llo permitiron. Por outra banda, o seu irmán máis vello Luís volve a casa por uns días na compaña da súa parella María.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Recibiu 14 nomeamentos en 13 categorías nos Premios Mestre Mateo de 2018, gañando finalmente cinco.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas