Lucía Catoira Pan, nada en Cambre en 1984, é unha directora de fotografía galega que recibiu tres premios Mestre Mateo á Mellor Dirección de Fotografía da Academia Galega do Audiovisual.[1]
Traxectoria
Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo e especializouse en fotografía cinematográfica pola ESCAC. [2]
Traballou en diversos proxectos como directora de fotografía[3] e recibiu tres premios Mestre Mateo á Mellor Dirección de Fotografía da Academia Galega do Audiovisual, sendo a primeira muller en conseguilo. En 2018 foi galardoada polo seu traballo no filme Dhogs, acadou o segundo premio Mestre Mateo co filme Trote e o terceiro polo filme ¿Qué hicimos mal?, de Liliana Torres.[2][4]
Obra
- 2023: Matria, fotografía da longametraxe de Álvaro Gago.
- 2018: Dhogs, directora de fotografía da longametraxe de Andrés Goteira.
- 2015: Islas, fotografía do documental de Adriana F. Castellanos.
- 2014: Unary, directora de fotografía da curtametraxe de Luís Avilés.
- 2011: Anacos, directora de fotografía da curtametraxe de Xacio Baño.
- 2010: Esteroscopía, fotografía da curtametraxe de Xacio Baño.
Vai recibir o Premio Chano Piñeiro do Ourense Film Festival ao talento e o emprendemento audiovisual.[1]
Notas