Ten 9 entidades de poboación, 5 lugares e 2.397 veciños (2022). As súas entidades de poboación son as seguintes: Fragosiño (73), Laxe (566), O Lameiro (182), O Marco (58), Moledo (318), O Outeiro (109), A Pescadeira (81), O Raviso (581) e Relfas (24). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Freixo, Louxadas, Monte da Serra, A Raposeira e A Salgueira.
Festas
As festas máis importantes de Sárdoma son as de Santo Isidro Labrador no mes de maio, e as do patrón San Pedro que se celebra o 29 de xuño.
Servizos
A freguesía de Sárdoma, na súa condición semiurbana, ten diferentes parques industriais, a igrexa parroquial, un centro de saúde, varios campos de fútbol, colexios, institutos e entidades bancarias. O seminario maior da diocese de Tui-Vigo atópase nesta parroquia. A Salgueira constitúe unha parroquia eclesiástica de seu dende 1970[4].
Mosquera, Javier; Franco, Fernando (2002). Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana(en castelán). Fundación Caixa Galicia, Faro de Vigo. pp. 321–336.