Entre 2012 e 2023 competiu en Ironman, onde logrou varias vitorias e conseguiu completar en seis ocasións consecutivas o esixente Mundial de Kona, cunha sexta posición como mellor resultado en 2013.
En marzo de 1998 proclamouse campión de España de dúatlon en distancia curta.[18] En abril debutou nunha proba da Copa do Mundo no Xapón, e quedou no posto 57.[19] Disputou ese ano dúas probas máis da Copa do Mundo, en Corner Brook (Canadá) e Cancún (México), e en ambas rematou no posto 41 en categoría absoluta).[20][21] Competiu no Campionato Europeo e no Mundial, nos dous casos en categoría júnior, e rematou en 39º e 6º lugar respectivamente.[22][23]
En maio de 1999 disputou unha das probas da Copa de Europa en categoría absoluta, en Graus (España), onde obtivo a 8° posición.[24] En xullo, en Funchal, Madeira (Portugal), proclamouse campión de Europa júnior.[25][26] A seguinte competición foi nunha proba da Copa do Mundo en Tiszaujvaros (Hungría)[27] e en setembro quedou 3° no Campionato do mundo júnior en Montreal (Canadá).[28] En outubro disputou a penúltima proba da Copa do Mundo en Cancún. Logrou o seu primeiro podio internacional como absoluto, ao conseguir o segundo posto.[29] Participou tamén na última proba en Noosa (Nova Zelandia).[30] Ese ano quedou ademais 3° no Campionato de España de Tríatlon e proclamouse campión de España de Ácuatlon.[31][32]
Xogos Olímpicos de Sydney e primeiras vitorias (2000-2001)
Entre maio e xuño de 2003 participou en dúas probas da Copa de Europa, quedando segundo na primeira delas nos Azores, por detrás de Filip Ospalý,[61] e vencendo a outra, en Charleville, Francia.[62] A continuación gañou por segundo ano consecutivo o Campionato Europeo de Tríatlon, en Karlovy Vary, outra vez por diante do checo Ospalý, segundo tamén o ano anterior.[63] A finais de xullo, na vila húngara de Tiszaujvaros, proclamouse subcampión do mundo de relevos por equipos, formando equipo con Clemente Alonso e José Merchán.[64] Participou logo en cinco probas da Copa do Mundo, logrando a vitoria na disputada en Madeira,[65] e quedando segundo na clasificación final da Copa. Ademais a principios de setembro logrou o subcampionato de España de tríatlon, por detrás de Eneko Llanos e xusto por diante de Javier Gómez Noya.[66] Finalmente disputou o Campionato do mundo na vila neozelandesa de Queenstown. Tras facer uns tempos discretos nos sectores de natación e ciclismo, comezou a remontar na carreira a pé e marcou o mellor tempo da sección, o que lle valeu para chegar á meta en segunda posición final, por detrás de Peter Robertson.[67][68]
En abril de 2004 quedou noveno no Campionato Europeo celebrado en Valencia e en maio, en Madeira, revalidou o subcampionato mundial, ao perder o ouro no sprint final fronte ao neozelandés Bevan Docherty.[69][70] A principios de agosto proclamouse campión de España, por diante de Gómez Noya.[71] A continuación viaxou a Atenas, para participar nos seus segundos Xogos Olímpicos. A pesar das altas expectativas e de ser considerado o favorito, quedou moi afastado das medallas e diplomas, chegando á meta na posición 23 despois dunha mala carreira, especialmente na sección de bicicleta.[72][73]
Problemas físicos e baixada de rendemento (2005-2007)
Comezou 2005 con novo adestrador, José Rioseco, adestrador tamén de Gómez Noya,[74] e disputou tres probas da Copa do Mundo con malos resultados: abandonou por molestias físicas en Honolulu, e rematou moi lonxe dos postos de cabeza en Mazatlán (México) e Madrid. Despois de non poder participar no Campionato de España por ter rompido o nariz nunha caída, disputou en agosto o Campionato Europeo, onde só puido ser 11º.[75] En setembro disputou o Campionato do mundo no Xapón, pero non puido rematar a proba debido a numerosos problemas físicos.[76]
Entre e marzo e maio de 2006 competiu en tres probas da Copa do Mundo, mellorando os resultados do ano anterior, e logrando un 6º e un 7º posto. A continuación volveu subir ao máis alto do podio, ao gañar a Copa de Europa de Sanremo.[77] A principios de xuño quedou segundo, só por detrás do seu compañeiro e amigo Gómez Noya,[78] na proba da Copa do Mundo celebrada en Madrid, o seu primeiro podio nun tríatlon mundial en máis de dous anos.[79] A finais de mes, no Campionato de Europa celebrado na vila francesa de Autun, non puido rematar debido a problemas musculares.[80] Correu a mesma sorte no Campionato do mundo celebrado en Lausana, abandonando na última sección.[81] Poucos días despois proclamouse subcampión de España, por detrás de Gómez Noya,[82] e pechou o ano en Cancún, cun noveno posto na proba da Copa do Mundo e un cuarto no Campionato do mundo de relevos por equipos.[83][84]
Comezou 2007 cun sexto posto no prestixioso Dúatlon de Gernika[85] e en maio disputou con pouco éxito a terceira proba da Copa do Mundo, en Lisboa, onde finalizou 26º.[86] Mellorou na seguinte proba da Copa, en Madrid, onde volveu subir ao podio en terceira posición, por detrás de Filip Ospalý e Javier Gómez Noya.[87] Nas seguintes probas da Copa do Mundo quedou 5º (Salford),[88] 6º (Pequín)[89] e 7º (Rodas),[90] mentres que abandonou na de Cancún, rematando o campionato en novena posición. Tamén tivo que abandonar no Campionato de Europa en Copenhague e no Campionato do Mundo en Hamburgo.[91] Con todo, en setembro dese ano gañou o seu cuarto Campionato de España de Tríatlon.[49]
Xogos Olímpicos de Pequín (2008)
Nas primeiras probas que disputou en 2008 logrou resultados discretos (18º no Europeo,[92][93] abandono na Copa do Mundo en Madrid[94] e 19º no Campionato Mundial),[95][96] pero mellorou o seu rendemento nas seguintes citas da Copa do Mundo, logrando un cuarto posto en Des Moines,[97] un sexto en Hamburgo[98] e a vitoria na cidade tirolesa de Kitzbühel.[99] Foi a súa primeira vitoria na Copa dende 2003 e ocorreu a menos dun mes dos Xogos Olímpicos de Pequín.[100] Tanto el como Gómez Noya acudiron á cita olímpica como claros candidatos a lograr a primeira medalla galega e española en tríatlon. Con todo, quedaron ás portas dos metais, chegando Raña en quinta posición á meta, xusto por detrás do ferrolán e case medio minuto do gañador, o alemán Jan Frodeno.[101][102][103] Rematou a tempada proclamándose subcampión de España de tríatlon[104] e subindo ao terceiro caixón do podio na Copa do Mundo en Lorient, o que lle deu a sétima praza na clasificación final da Copa.
Volveu ao tríatlon internacional en marzo de 2010, na proba da Copa do Mundo de Mooloolaba, en Australia, onde rematou en sétima posición, a preto de dous minutos do vencedor, Bradley Kahlefeldt.[116][117] Dúas semanas despois comezou a súa participación no Campionato do mundo, renomeado agora como Series Mundiais, e reconvertido nunha serie de carreiras ao longo do ano, en vez da proba única que se disputaba anteriormente. Disputou as sete carreiras da tempada, sen conseguir chegar á meta entre os 10 primeiros en ningunha delas. En 2011 obtivo resultados similares nas Series Mundiais, mentres que os seus mellores resultados déronse na Copa do Mundo, cun cuarto posto en Ixigaqui,[118] un quinto en Huatulco,[119] un sétimo en Guatapé[120] e un sexto en Auckland.[121]
Na primeira metade de 2012 disputou varias probas da Copa do Mundo e do Campionato do mundo, sen lograr rematar entre os 10 primeiros en ningunha delas. A finais de maio chegou ao tríatlon de Madrid, cuarta proba do Mundial, con posibilidades de lograr unha praza para os que serían os seus cuartos Xogos Olímpicos. Con todo, tras rematar 44º, a praza olímpica española que estaba en xogo foi para José Miguel Pérez, que rematou varios postos por riba de Raña.[122] En setembro proclamouse de novo subcampión de España, en Pontevedra,[123] e en outubro quedou oitavo na derradeira proba do Mundial, a Gran Final de Auckland.[124]
Ironman (2013-actualidade)
A partir de entón as súas aparicións nas competicións da ITU foron esporádicas, pasando a centrar a súa carreira nas probas de Ironman. En novembro disputou a primeira edición do Medio Ironman de Lanzarote, logrando a vitoria cun tempo de 4:07'36".[125][126] Dúas semanas despois debutou nunha proba de Ironman (longa distancia), en Cozumel, chegando á meta en primeiro lugar, cun tempo de 8:15'07".[127] En abril de 2013 volveu ao Campionato do mundo de tríatlon, para participar na segunda cita, en San Diego, rematando en 17ª posición[128] e ao mes seguinte disputou a terceira, en Huatulco (México), onde remato décimo.[129] En xullo disputou o Ironman de Zúrich, logrando e medalla de prata e o pase ao Campionato do Mundo de Ironman, que se celebra anualmente en Hawai.[130] Antes da gran cita, participou no Campionato do Mundo de Medio Ironman de Las Vegas, onde quedou 14º.[131] O Mundial de Hawai celebrouse o 12 de outubro en Kona, e Raña rematou sexto, cun tempo de 8:23'43", a pouco máis de dez minutos do vencedor, o belga Frederik Van Lierde.[132] Tras a competición afirmou que fora a carreira máis dura que correra na súa vida.[133]
En marzo de 2014 rematou en quinta posición no Medio Ironman de Monterrey,[134] e a continuación disputou dúas probas do Mundial de tríatlon, en Auckland e Londres, cuns discretos 24º e 29º lugares respectivamente.[135][136] En xuño venceu no Ironman de Austria, logrando ademais baixar das oito horas, cun tempo de 7:48'43".[137] Como preparación para a cita de Kona, disputou a Volta ciclista a Galicia, nas filas do Club Ciclista Cambre, rematando no posto 43.[138][139] A continuación viaxou a Hawai para disputar o seu segundo Mundial de Ironman. Tras un mal sector de bicicleta rematou 17º.[140]
En 2015 quedou segundo no Ironman de Suráfrica, por detrás de Van Lierde.[141] En abril disputou a Clásica de Pascua, co Club Ciclista Padronés, como preparación para o Ironman[142][143] e en maio competiu no Medio Ironman de Mallorca, onde quedou sexto.[144] Non puido revalidar a vitoria do ano pasado en Austria, tendo que conformarse esta vez co bronce.[145] En setembro disputou a Volta ciclista a Galicia, rematando no mesmo posto que o ano anterior, 43º.[146] En outubro participou no seu terceiro Mundial de Ironman, en Hawai e, aínda que fixo bos tempos na auga e na carreira a pé, a sección de ciclismo volveu ser o seu maior obstáculo, polo que rematou no posto 12º. Completou a proba en 8:34'27", a case 20 minutos do vencedor, Jan Frodeno.[147]
Comezou a tempada 2016 no Brasil, no Medio Ironman de Palmas, onde rematou en quinta posición.[148] En maio volveu disputar un tríatlon de distancia olímpica, na Copa de Europa de Madrid, onde ademais recibiu unha homenaxe de parte da Federación Española de Tríatlon. Correu descalzo a sección a pé e rematou a proba en sexta posición.[149][150] Tamén quinto rematou tres semanas despois no Ironman de Lanzarote, resultado co que logrou o pase Mundial de Hawai.[151] En agosto correu o Medio Ironman de Budapest, obtendo a sétima posición.[152] En outubro disputou o Mundial de Ironman por cuarto ano consecutivo, logrando o 9º posto final tras remontar dende o 23º na sección de carreira a pé.[153] En 2017 quedou décimo no Medio Ironman do Perú,[154] 15º no Ironman de Austria[155] e abandonou no Tríatlon de Rotterdam, última proba das Series Mundiais de 2017 e última vez que Raña competiu na distancia olímpica.[156][157] En agosto quedou cuarto no Medio Ironman de Austria[158] e en outubro disputou de novo o Mundial de Ironman en Kona, logrando o undécimo posto cun tempo de 8:24'43".[159] En novembro quedou terceiro no Ironman de Cozumel, cun tempo de 7:58'39", co que case logrou a clasificación para o Mundial de 2018.[160]
En maio de 2018 quedou segundo no Ironman de Lanzarote, cun tempo de 8:58'37", a seis minutos do italiano Alessandro Degasperi.[161] En xuño participou no prestixioso Tríatlon de Zarautz, pero foi descualificado por cruzar o carril coa bicicleta.[162] En outubro disputou o seu sexto Campionato do mundo de Ironman, logrando completalo de novo, aínda que obtendo a peor posición das súas seis participacións, 25º.[163] Mellorou os seus tempos a nado e en bicicleta respecto ás edicións anteriores pero empeorou no sector do maratón.[164] Cerrou a tempada no Ironman de Cozumel, onde volveu subir ao podio en terceira posición.[165]
En marzo de 2019 disputou o Medio Ironman de Campeche, en México, e en abril o de Marbella, quedando 13º no primeiro e tendo que abandonar no segundo, por unha lesión no tendón de Aquiles.[166][167] Os mesmos problemas co tendón obrigárono a abandonar en maio no Ironman de Lanzarote.[168] En xuño, no día do seu 40º aniversario, volveu disputar un tríatlon en Galicia despois de 8 anos sen facelo. Foi no II Tríatlon Mar de Muros, chamado ese ano Trofeo Iván Raña na súa honra, e logrou a vitoria por diante de Brais Otero e Nico Domínguez.[169] En xullo quedou oitavo no Tríatlon de Austria, un resultado co que non conseguiu o seu obxectivo de clasificarse para o Mundial de Kona.[168] Volveuno tentar dúas semanas despois en Zürich, pero viuse obrigado a sumar un novo abandono.[170] Tras isto, xunto ao seu novo adestrador, o belga Luc van Lierde, decidiu parar de competir uns meses.[171] O 12 de outubro participou en Pontevedra no primeiro ProTour, unha nova competición organizada pola Federación Española de Tríatlon, pero non logrou clasificarse para a final.[172]
En setembro de 2021 anunciou a súa retirada[178] do deporte profesional, aínda que dixo que seguiría a competir de xeito afeccionado. En setembro de 2023 converteuse no primeiro español en entrar no Hall of Fame do World Triathlon.[179]
↑"El Club Natación Santiago está preparado para los nuevos éxitos". La Voz de Galicia(en castelán). 9 de novembro de 1995. p. 57.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑"Esteban Ríoseco rompió todos los pronósticos en As Pontes". La Voz de Galicia(en castelán). 20 de marzo de 1994. p. 44.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑"Jesús Rego ganó la carrera de As Pontes". La Voz de Galicia(en castelán). 22 de marzo de 1995. p. 49.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑"Éxito en el Mountain Bike de Val do Dubra". La Voz de Galicia(en castelán). 3 de novembro de 1994. p. 62.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑"David Castro, en gran forma, ganó el triatlón Os Castros". La Voz de Galicia(en castelán). 18 de xullo de 1994. p. 31.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑"Xabier Isasti se impuso con autoridad en el triatlón disputado en Celeiro". La Voz de Galicia(en castelán). 8 de xuño de 1995. p. 45.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑"Javier Isasti ganó el trofeo Fiestas del Rosario". La Voz de Galicia(en castelán). 2 de outubro de 1995. p. 54.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑"Xavier Isasti, del Hércules Coruña, se proclamó en Narón campeón gallego absoluto". La Voz de Galicia. 24 de setembro de 1995. p. 67.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑"David Castro, subcampeón de España de triatlón.". La Voz de Galicia(en castelán). 8 de xuño de 1995. p. 62.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑"Duatlón: Iván Raña, campeón de España en distancia corta". La Voz de Galicia(en castelán). 16 de marzo de 1998. p. 49.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑Barreiros, Pedro J. (2 de xullo de 2001). "El supermán gallego". La Voz de Galicia(en castelán). p. 40.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑Reigosa, M. (24 de abril de 2001). "Raña se instala en la élitemundial al ganar en Japón". La Voz de Galicia(en castelán).|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑Gómez, Pablo (15 de abril de 2002). "El ordense Iván Raña consigue el Campeonato de España de Duatlón". La Voz de Galicia(en castelán). p. 53.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑"El Hierros Diego cosecha una discreta actuación en la contrarreloj de A Coruña". La Voz de Galicia(en castelán). 23 de xuño de 2002. p. 12.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑Soto, Nino (10 de setembro de 2012). "El Campeonato de España de Triatlón tiene sabor gallego". La Voz de Galicia(en castelán). p. 38.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑"Una plata con rumbo a Hawai". La Voz de Galicia(en castelán). 29 de xullo de 2013. p. 45.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑Bruquetas, Antón (10 de setembro de 2013). "Saleta Castro acabó quinta en Wisconsin y Raña fue decimocuarto en Las Vegas". La Voz de Galicia(en castelán). p. 41.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑"Iván Raña, premiado como el mejor triatleta". La Voz de Galicia(en castelán). 27 de novembro de 2001. p. 38.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑"Iván Raña, premio de la Federación al mejor del año". La Voz de Galicia(en castelán). 1 de decembro de 2002. p. 49.|data-acceso= require |url= (Axuda)
This is list of Indonesian dances. Dances in Indonesia.From left to right: Javanese Serimpi, Balinese Legong, Minangkabau Piring, Buginese Pajoge and Sundanese Jaipongan. Contents A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z B Bambangan Cakil dance Barong dance Bajidor Kahot dance (West Java), a Sundanese dance which combines the dance movements of Ketuk Tilu and Jaipongan as the basic of its motions. Bambangan Cakil dance (Central Java), a classical dance-drama of Javanese people whi...
Voce principale: Associazione Sportiva Dilettantistica S.S. Nola 1925. Società Sportiva NolaStagione 1992-1993Sport calcio Squadra Nola Allenatore Salvatore Esposito Allenatore in secondaTemistocle Tomaselli Presidente Mario Felice Nusco Serie C114º posto Coppa Italia Serie C2º turno Maggiori presenzeCampionato: Cavallo e Bevanati (32) Miglior marcatoreCampionato: Bevanati, Mitri e Calcagno (3) 1991-1992 1993-1994 Si invita a seguire il modello di voce Questa voce raccoglie le inform...
Reinaldo Quijada CervoniBiographieNaissance 21 novembre 1959 (64 ans)GenèveNom de naissance Reinaldo José Quijada CervoniNationalité vénézuélienneActivités Homme politique, technicien en électroniqueAutres informationsPartis politiques Parti socialiste unifié du Venezuela (2008 - décembre 2013)Unidad Política Popular 89 (d) (depuis décembre 2013)modifier - modifier le code - modifier Wikidata Reinaldo Quijada est un ingénieur, journaliste et homme politique vénézuélien n�...
Questa voce sugli argomenti cestisti statunitensi e allenatori di pallacanestro statunitensi è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti dei progetti di riferimento 1, 2. Jack Ramsay Jack Ramsay nel 1976 Nazionalità Stati Uniti Altezza 185 cm Peso 82 kg Pallacanestro Ruolo PlaymakerAllenatoreGeneral manager Termine carriera 1955 - giocatore1988 - allenatore Hall of fame Naismith Hall of Fame (1992) Carriera Giovani...
Mongoose species in South Asia Small Indian mongoose Small Indian mongoose in Panna National Park Conservation status Least Concern (IUCN 3.1)[1] Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Mammalia Order: Carnivora Suborder: Feliformia Family: Herpestidae Genus: Urva Species: U. auropunctata Binomial name Urva auropunctata(Hodgson, 1836) Native distribution of the small Indian mongoose in 2016[1] Synonyms Mangusta auropunct...
Стреляная экспансивная пуля .40 S&W (HP) на фоне патрона того же калибра. Пуля с полым наконечником (англ Hollow-point, HP или JHP) — тип пуль, которые расширяются при попадании в цель. Широко применяются на охоте — так как минимизируют шанс оставления подранка. Содержание 1 Описание ...
Online recorder of utility usage Not to be confused with Home energy monitor. Example of a smart meter based on Open Smart Grid Protocol (OSGP) in use in Europe that has the ability to reduce load, disconnect-reconnect remotely, and interface to gas and water meters. A smart meter is an electronic device that records information—such as consumption of electric energy, voltage levels, current, and power factor—and communicates the information to the consumer and electricity suppliers. Such...
For other places with the same name, see Aabenraa (disambiguation). Town in Southern Denmark, DenmarkAabenraa Affenråe (South Jutlandic)Apenrade (German)TownAabenraa in mid-July 2006 Coat of armsAabenraaLocation in DenmarkShow map of DenmarkAabenraaAabenraa (Region of Southern Denmark)Show map of Region of Southern DenmarkCoordinates: 55°2′40″N 9°25′5″E / 55.04444°N 9.41806°E / 55.04444; 9.41806CountryDenmarkRegionSouthern DenmarkMunicipalityAabenraaA...
Protected area in Massachusetts, United States Granville State ForestGranville State ForestLocation of Granville State ForestShow map of MassachusettsGranville State Forest (the United States)Show map of the United StatesLocationGranville, Tolland, Hampden, Massachusetts, United StatesCoordinates42°3′35″N 72°58′17″W / 42.05972°N 72.97139°W / 42.05972; -72.97139Area2,426 acres (9.82 km2)Elevation1,194 ft (364 m)EstablishedUnspecifiedOperatorMa...
هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (مارس 2024) هذه مقالة غير مراجعة. ينبغي أن يزال هذا القالب بعد أن يراجعها محرر؛ إذا لزم الأمر فيجب أن توسم المقالة بقوالب الصيانة المناسبة. يمكن أيضاً تقديم طلب لمراجعة ال...
This article is about the 2003 invasion of Iraq. For more information on this topic, see Views on the 2003 invasion of Iraq. This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Public opinion in...
American journalist (1913–2021) Vance TrimbleBornVance Henry Trimble(1913-07-06)July 6, 1913[1]Harrison, Arkansas, U.S.DiedJune 16, 2021(2021-06-16) (aged 107)Wewoka, Oklahoma, U.S.Known forPulitzer Prize-winning journalist and author Vance Henry Trimble (July 6, 1913 – June 16, 2021) was an American journalist. He won a Pulitzer Prize for national reporting in recognition of his exposé of nepotism and payroll abuse in the U.S. Congress. Trimble worked in the newspaper...
هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (فبراير 2021) بريتازينيل الاسم النظامي tert-butyl-8-bromo-11,12,13,13a-tetrahydro-9-oxo-9H-imidazo(1,5-a)-pyrrolo(2,1-c)(1,4)benzodiazepine-1-carboxylate اعتبارات علاجية بيانات دوائية عمر النصف الحيوي 2.5 hours معرّفات CAS 84379-...
لمعانٍ أخرى، طالع القرم (توضيح). هذه المقالة عن شبه جزيرة القرم. لمعانٍ أخرى، طالع قرم (توضيح). هذه المقالة عن شبه جزيرة القرم. لمعانٍ أخرى، طالع جمهورية القرم. القرم (بالأوكرانية: Крим)(بالتتارية القرمية اللاتينية: Qırım)(بالروسية: Крым)(بالتتارية القرم...
Forming something new and somehow valuable For other uses, see Creativity (disambiguation).This article may lend undue weight to certain ideas, incidents, or controversies. Please help improve it by rewriting it in a balanced fashion that contextualizes different points of view. (June 2024) (Learn how and when to remove this message)This article's lead section may be too short to adequately summarize the key points. Please consider expanding the lead to provide an accessible overview of all i...
Australian recording studio Studios 301IndustryMusic productionPredecessorEMIFounded1926HeadquartersAlexandria, New South Wales, AustraliaNumber of locationsSydney, NSW AustraliaKey peopleTom MisnerWebsitestudios301.com Studios 301 is an Australian recording studio and is both the longest-running professional recording studio in the southern hemisphere and the largest studio complex in Australia.[1] History Studio 1 of Studios 301 The studio was founded in 1926 under the Columbia Grap...
О совместном управлении одной и той же территорией несколькими государствами см. Кондоминиум (международное право) Кондоминиумы в Японии Кондоми́ниум (лат. con «вместе» + dominium «владение») — совместное владение, обладание единым объектом, чаще всего домом, но та�...
French handball player (born 1994) Catherine Gabriel Personal informationBorn (1994-09-04) 4 September 1994 (age 30)Yaoundé, CameroonNationality FrenchHeight 1.72 m (5 ft 8 in)Playing position GoalkeeperClub informationCurrent club Debreceni VSCNumber 94Senior clubsYears Team2012–2018 ES Besançon2018–2020 Nantes Atlantique Handball2020–2022 Paris 922022– Debreceni VSCNational teamYears Team Apps (Gls)2017– France 16 (0) Medal record World Championship 2021 Spai...
Train station in Dublin, Ireland Not to be confused with Tara Station. Tara StreetSráid na TeamhrachDART 8520 Class EMU (8625) at Tara Street StationGeneral informationOther namesTara Street & George's QuayLocationTara Street, Dublin 2, D02 WK19IrelandCoordinates53°20′48″N 6°15′15″W / 53.34676°N 6.25414°W / 53.34676; -6.25414Owned byIarnród ÉireannOperated byIarnród ÉireannPlatforms2Tracks2Bus routes22Bus operatorsDublin Bus, Martley’s Go-Ahead I...