Graus

Modelo:Xeografía políticaGraus
Imaxe

Localización
Mapa
 42°11′26″N 0°20′18″L / 42.190555555556, 0.33833333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Huesca Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalGraus Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.415 (2023) Editar o valor en Wikidata (11,39 hab./km²)
Xeografía
Superficie299,785633 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude542 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Antonio Lagüens Martín (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal22430 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE22117 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgraus.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451701

Graus é unha vila aragonesa, da provincia de Huesca. É a capital administrativa da comarca de Ribagorza. O concello ocupa 300,41 km².

Xeografía

Graus está situado no centro-oeste da provincia oscense, no Pre-Pireneo, polo que a Ribagorza, está arrodeada de serras de altura mediana, como o Turbón, que se achega aos 2.500 m de altura. A cidade érguese nun punto onde se xuntan o río Esera e o Isábena. A súa situación nas ladeiras do Tozal de San Miguel, que baixan até os leitos fluviais orixinou o seu nome, do latín gradus "chanzos". A súa altitude media é de 469 msnm. Na zona hai varios encoros: El Grado; Mediano; Barasona.

O clima é mediterráneo continentalizado.

Historia

Ramiro I, primeiro rei aragonés, achou a morte, en 1064, cando tentaba tomar Graus. Os cristiáns do reino de Aragón apoderáronse da localidade en 1083 con Sancho Ramírez. O rei cedeu Graus ao mosteiro de San Vitorián, para que o reconstruísen e repoboasen, outorgando importantes privilexios a quen fose morar a Graus.

O rei Pedro II concedeulle á vila o título de moi nobre e moi antiga, que aínda utiliza.

Durante os séculos XVI e XVII gozou dun grande esplendor económico, que favoreceu o mecenado e construción de boas casas-pazo como as que se erguen na súa Praza Maior. Nesa época edificouse a basílica da Nosa Señora da Peña.

A inicios do século XVIII, durante a Guerra de Sucesión española, Graus decantouse polo pretendente austríaco.

Durante a Guerra Civil española, dominada pola CNT, converteuse nun centro de colectivización libertaria.

Patrimonio artístico

  • Igrexa parroquial de San Miguel, gótica, do século XIII.
  • Praza Maior, con lindos pazos urbanos, con pinturas nos beiril|beirís e con soportais, dos que salienta o Pazo de Rodrigo de Mur.
  • Ermida de San Gregorio, do século XII.

Xa fóra do casco urbano de Graus:

  • Santuario de Nosa Señora da Peña, do século XVI, no outeiro da Peña do Morral.

Festas

  • As festas maiores celébranse entre o 12 e o 15 de setembro, en honra do Santo Cristo e de san Vicente. No luns da semana maior ten lugar a "feira das trufas", con exposición e venda dese produto.