Zarautz é unha cidade e concello do País Vasco, situada na parte oriental da comarca de Urola Kosta, na provincia de Guipúscoa. Esta vila turística linda ao leste e ao sur co concello de Aia, e ao oeste co concello e cidade de Getaria. Posúe catro enclaves, que lindan cos concellos xa mencionados, chamados Alkortiaga, Elkano, Sola e Arbestain. Este último comparte fronteira tamén co concello de Aizarnazabal. En 2023 (INE) contaba cunha poboación de 23 152 habitantes, mais en épocas estivais, adoita chegar aos 45 000. Zarautz atópase a uns 15 km de distancia da capital provincial, Donostia.
Segundo algúns manuscritos achados, aínda que non conclusos, nos estaleiros de Zarautz construíuse a primeira nave que deu a volta ao mundo, nomeada ''nao Victoria'', comandada por Juan Sebastián Elcano, nado ao carón de Zarautz, na localidade veciña de Getaria.
Cos seus 2,8 km, a praia de Zarautz é a máis extensa do País Vasco, do mesmo xeito que unha das máis longas do mar Cantábrico. A zona preto ao paseo marítimo destacaba pola presenza de palacetes e vivendas construídas pola alta burguesía durante o século XIX, que foron substituídas gradualmente por edificios e vivendas. O Palacio de Narros, situado á fronte da praia, foi un posto de veraneo para a raíña Isabel II de España, así como da raíña consorte de Bélxica, Fabiola de Bélxica.
Historia
Entre as primeiras noticias históricas acerca de Zarautz está a concesión de carta foral polo rei Fernando III de Castela en 1237.
A súa poboación dedicouse tradicionalmente á pesca, especialmente a de baleas. Esta tradición mariñeira continuou até o século XVI, pasou a dedicarse en boa medida a actividades industriais como ferrerías, estaleiros navais, confección téxtil e de mobles.
Na segunda metade do XIX douse unha importante evolución na economía local, cando a raíña Isabel II de España colleu o costume de pasar un tempo de repouso no verán, e escolleu a vila de Zarautz como lugar de estancia; á raíña foi seguida de familias nobiliarias e outras persoalidades que arrastraban consigo un numeroso séquito. Zarautz pasou a converterse nunha das primeiras localidades turísticas de España. A localidade enriqueceuse con construcións luxuosas e o ritmo mantívose durante a primeira metade do século XX.
Monumentos
Palacio de Narros de 1536, arrodeado dun xarín á inglesa. Nel hospedouse a raíña Isabel II e outras personalidades.
Casa-Torre dos Zarrautz de fins do século XV.
Torre Luzea, tamén do XV.
Casa Portu do século XVI; hoxe Casa do Concello.
Casa Makatza do XV, con aspecto de casa-torre defensiva.
Casa Dotorqua do XVI, exemplo arquitectónico tradicional vasco.
Igrexa Parroquial de Santa Maria la Real, con transformacións ao longo dos séculos.
Convento dos Padres franciscanos, del 1610, contén unha importante biblioteca vasca.
A cidade está dotada de moitos xardíns e parques: Parque de Vista Alegre', Parque de Mutxio, Parque de Torre Luzea, Parque de Pagoeta (cun museo no mesmo parque e cunha antiga ferraría).
Proximidades
A 15 km, Orio, pintoresco paisaxe vasca sobre do río Oria.
A 28 km, Santuario de Loiola grandioso complexo monastico que comprende a casa da familia Loyola con recordos e reliquias do santo.
Festas
As máís importantes son a patronais de San Pelaio do 25 ao 27 de xuño. Tamén a festas da Virxe, do 14 ao 17 de agosto e as Euskal Jaiak o 9 de setembro.