A igrexa de Santa María de Oza é un templo relixioso situado en Monelos, Oza (A Coruña).
Descrición
É unha igrexa con planta de cruz grega alterada pola adición da fachada, que ten tres tramos e frontón. O cruceiro está rematado por unha cúpula semiesférica.
O retablo ten partes de mármore e pezas procedentes do pazo de Xelmírez.[1] No interior consérvase unha pía bautismal da capela.[2]
Historia
A igrexa parroquial de Oza atopábase nunha pequena capela que quedara pequena para a poboación, polo que o arcebispado de Santiago de Compostela decidiu trasladar a sede.[3]
↑Gutiérrez, José Manuel (16 de febreiro de 2010). "Un final traumático para Oza". La Opinión de A Coruña(en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2016.