Igrexa de San Xoán Bautista da Coruña

Igrexa de San Xoán Bautista da Coruña
Datos xerais
TipoIgrexa parroquial
AdvocaciónXoán Bautista
LocalizaciónA Coruña
Coordenadas43°20′11″N 8°23′26″O / 43.336280216282, -8.3904906575175
Culto
CultoCatólico
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
Construción1926-1928
EstiloNeogótico
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de San Xoán Bautista é un templo católico situado no lugar de Monserrat (A Coruña).

Descrición

A igrexa, de estilo neogótico está situada nun lugar de difícil acceso, por ser inicialmente a capela do Hospital Labaca.[1] A fachada principal ten un arco apuntado cun rosetón. O exterior tamén ten contrafortes nos laterais.[2]

O interior é de tres naves con bóveda oxival.[2]

Historia

O templo forma parte do complexo do Hospital Labaca, da fundación creada polos irmáns Ricardo e Ángela Labaca. O proxecto foi encargado a Leoncio Bescansa, tamén autor das Escolas Labaca. A obra realizouse entre 1926 e 1928 e foi inaugurada en presenza do xeneral Primo de Rivera, entón no poder.[1]

En 1950, cando a fundación non conseguía sustentarse, cedeuna ao concello para que instalase o Hospital Municipal. O templo, atendido por un capelán, pasou ao arcebispado de Santiago de Compostela.[1] En 1977 converteuse en iglexia parroquial coa creación da parroquia de San Xoán Bautista, escindida de Nosa Señora do Carme.[3]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas