Seguindo o paquete de actualizacións do MercedesW14 introducido na rolda anterior, o Gran Premio de Mónaco, para esta carreira presntáronse novas actualizacións que melloraron o fluxo de aire do coche. Ferrari revelou un paquete de actualizacións para o seu SF-23, cambiando dunha solución de torsión aerodinámica negativa a un estilo de fluxo descendente, semellante ao do Red Bull RacingRB19. Este recibiu unha pequena actualización no seu chan e difusor.[1]
O fornecedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C1, C2 e C3 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os usaran na carreira.[2]
Pneus dispoñibles para Barcelona
Pneus para pista seca
Pneus para chuvia
Duros (Tipo C1)
Medios (Tipo C2)
Brandos (Tipo C3)
Intermedios
Chuvia
Cambios na pista
A partir desta edición, a Fórmula 1 utilizará o trazado empregado pola MotoGP desde o 2021, eliminando a chicana no último sector da volta que a Fórmula 1 utilizaba todos os anos desde que se introducira no 2007, e convertendo as curvas finais dos coches de Fórmula 1 a unha configuración moi rápida que a Fórmula Un utilizou por última vez no 2006.[3]
Cualificación
A cualificación celebrouse o 3 de xuño de 2023 ás 16:00 hora local (UTC+2).
Informe da cualificación
George Russell informou que empezaba a chover cando comezou o primeiro segmento, a primeira metade da sesión de Fórmula 2 ese día celebrouse baixo unha forte choiva. Valtteri Bottas saíuse da pista na curva 12, marcando a sesión con bandeira vermella debido á grava na pista, pero Bottas xa volvera á pista cando ondeouse a bandeira vermella.
Fernando Alonso e Alexander Albon uníronse a Bottas na grava, na curva final e na curva 5, respectivamente. Mentres tanto, Nico Hülkenberg lideraba a sesión, pero o seu tempo por volta eliminouse pronto debido a unha infracción por saltarse os límites da pista. Charles Leclerc tivo unha mala sesión, marcando un mal tempo quedando 19º e eliminado na primeira quenda, a primeira vez desde o Gran Premio de Mónaco de 2019. Ao monegasco uníronse Bottas, Kevin Magnussen, Albon e Logan Sargeant. Mentres tanto, Carlos Sainz e Max Verstappen denunciaron a Pierre Gasly por obstaculizar, cunha investigación convocada despois da sesión.
A segunda quenda Sergio Pérez tamén saíuse da pista. Un incidente que involucrou a Lewis Hamilton e George Russell mostrouse nas repeticións, o primeiro sufriu importantes danos na parte dianteira. Russell quedou baixo investigación por obstaculizar, e uniuse a Pérez, Guanyu Zhou e os AlphaTauris de Nyck de Vries e Yuki Tsunoda como eliminados na Q2.
Hamilton montou un novo alerón dianteiro cando comezaba a terceira e última quenda, que tamén foi a primeira Q3 de Hülkenberg en España. Clasificouse sétimo con Hamilton quinto. Verstappen acadou a pole position, con Sainz detrás del. Lando Norris quedou terceiro mentres que Oscar Piastri ocupaba a décima e última posición na grella da Q3. Alonso fixo un tempo para ser noveno, superado por Lance Stroll en sexto lugar. Gasly estaba preparado para gozar dunha cuarta posición, ata que dúas sancións separadas de tres posicións o deixaron caer ao décimo posto,[4] co seu compañeiro de equipo Esteban Ocon en sétimo lugar.[5][6]
A carreira celebrouse o 4 de xuño de 2023, ás 15:00 hora local (UTC+2).[12]
Informe da carreira
O polaco Max Verstappen liderou de principio a fin. Lando Norris contactou con Lewis Hamilton ao entrar na primeira curva, danando o seu alerón dianteiro e obrigándoo a entrar no pit lane para cambialo, o que comprometeu moito a súa saída na segunda fila. O chan de Hamilton tamén resultou danado. Os comisarios avisaron ao compañeiro de equipo de Hamilton George Russell por gañar unha vantaxe na chicana inicial e saltar cinco coches, non foi necesaria ningunha investigación. Nunha parada temperá, Valtteri Bottas trocou os seus pneumáticos brandos por duros mentres Charles Leclerc, que partía desde o pit-lane, pasaba a Alexander Albon polo décimo sexto posto, Lance Stroll marchaba terceiro lugar ata que Hamilton o adiantou
Guanyu Zhou e Nico Hülkenberg cambiaron os seus pneus brandos por duros na volta 9 co piloto de Alfa superando ao Haas. Esteban Ocon pronto os seguiu aos boxes. Carlos Sainz entrou na volta 16 para poñer pneumáticos medios, o que provocou unha resposta confusa do piloto de Ferrari; mentres tanto Leclerc montaba brandos. Sergio Pérez pronto atopouse detrás de Fernando Alonso, co Aston pronto entrou a boxes a montar pneumáticos brandos. Norris pronto volveu a entrar en boxes, Hamilton seguiu con medios e reincorporouse detrás de Sainz. Cos pilotos facendo as súas paradas, Verstappen e Pérez lideraron en 1–2 para Red Bull con Sainz en terceiro lugar, ademais, Verstappen tiña unha diferenza tan grande que cambiou por duros na volta 26 e non perdeu a vantaxe co seu compañeiro de equipo. Con todo, Pérez baixaría ao noveno tras unha parada para montar pneumáticos duros, aínda que pronto pasou a Alonso coa axuda do DRS. Stroll decidiu montar os duros e reincorporouse na décimo terceira posición. Mentres tanto, Oscar Piastri entrou aos boxes xunto con Pierre Gasly.
Na volta 50, Sainz, Alonso, Russell, Hamilton e Pérez cambiaron os seus compostos mentres que Verstappen víu unha bandeira branca e negra debido a tres diferentes infraccións dos límites da pista. Ocon intentou defenderse de Alonso, que o seu antigo compañeiro puido adiantalo. Mentres tanto, Yuki Tsunoda recibiu unha penalización de cinco segundos debido ao que se considerou perigoso un movemento defensivo ante Zhou, que o deixou fóra dos puntos da 9º posición. Verstappen acadou a volta rápida e gañou a carreira por diante de Hamilton e Russell, o que supúsolle o seu terceiro Grand Slam na súa carreira.[13][14]
↑Pierre Gasly recibiu dúas penalizacións de tres posicións na grella por obstaculizar a Carlos Sainz e Max Verstappen na Q2
↑Charles Leclerc clasificouse 19º, pero recibiu unha penalización de 15 postos na grella por superar a súa cota de elementos da unidade de potencia. Despois requiriuse que comezase a carreira desde o pit lane debido aos cambios realizados na configuración da suspensión no parque pechado.
↑Logan Sargeant clasificouse 20º, pero tivo que comezar a carreira desde o pit lane debido aos cambios realizados na configuración da suspensión baixo parque pechado.