Edificio de Correos da Coruña

Edificio Central de Correos
Edificio
LocalizaciónRúa do Alcalde Manuel Casás s/n
15001, A Coruña
Coordenadas43°22′08″N 8°23′59″O / 43.368888888889, -8.3996611111111
Uso(s)Oficina central de Correos
Construción
Inicio1931
Remate1934
Equipo
Arquitecto(s)Joaquín Otamendi
Luis Lozano Losila
editar datos en Wikidata ]

O Edificio Central de Correos é un edificio situado no barrio da Pescaría da cidade da Coruña.[1] É a sede principal de Correos na cidade.

Historia

Torre do reloxo

En 1908, o goberno estableceu mediante unha Real Orde a necesidade de construción de novas casas de Correos en diversas cidades, aínda que o proceso se demorou varias décadas.[2] No prego de condicións non se indicaba un estilo, mais si que tiña que estar situado nunha zona céntrica.

O arquitecto Joaquín Otamendi colaborara con Antonio Palacios na construción do Palacio de Comunicacións de Madrid (1919) e tamén proxectara a Casa de Correos de Ferrol, ambos os edificios en estilo moi diferente do coruñés.[2]

Descrición

O edificio, racionalista[2] con características art déco, emprega un estilo que supón unha aposta da empresa pola modernidade.[1]

Dispón de baixo, dúas plantas e ático. Ao ser un edificio exento cada unha das fachadas ten unha función diferente. Os dous patios cadrados permiten a entrada de luz no vestíbulo de atención ao público.[1]

A torre do reloxo evoca a arquitectura nórdica, como a estación de Helsinki, de Eliel Saarinen.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 COAG 1998, p. 202.
  2. 2,0 2,1 2,2 Prieto, Nuria (8 de xaneiro de 2020). "El edificio de Correos de A Coruña: un elegante transatlántico varado". El Español (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • COAG (1998). A Coruña. Guía de arquitectura. Colexio de Arquitectos de Galicia. ISBN 84-85665-30-9. 

Ligazóns externas