4 de febreiro: no porto de Iocoama, no Xapón, o cruceiro Diamond Princess é posto en corentena, despois de que se confirmasen varios casos de COVID-19. En total infectáronse máis de 700 persoas e morreron 12.
8 de marzo: o goberno de Italia pon a 16 millóns de persoas, unha cuarta parte da súa poboación, en corentena co fin de deter o avance da COVID-19. Dous días despois esténdese a todo o país.
19 de xullo: lanzamento da misión aeroespacial Hope Mars Mission emiratí, a primeira feita por un país árabe. O seu obxectivo é estudar a atmosfera de Marte.[3]
26 de xaneiro: O número de casos rexistrados da COVID-19 en todo o mundo supera os 100 millóns.[6]
Febreiro
1 de febreiro: Golpe de estado en Myanmar. O exército arresta a xefa de Estado Aung San Suu Kyi, o presidente Win Myint e outros líderes do partido gobernante. Desconéctase Internet e os medios de comunicación e, a través dunha transmisión televisiva especial, o exército decreta o estado de emerxencia durante un ano e toma o control do país, proclamando xefe de Estado ao xeneral Min Aung Hlaing.
3 de maio: Na Cidade de México, un tramo elevado da liña 12 do metro colapsa, descarrilando dous vagóns. 26 persoas morreron e 80 quedaron feridas.
8 de maio: En Afganistán, un ataque terrorista contra unha escola de nenas en Cabul deixa 68 persoas mortas e 165 feridas.
17 de maio: As tensións entre España e Marrocos provocan a entrada duns 8.000 inmigrantes irregulares pola fronteira de Ceuta. O exército español desprégase na cidade autónoma para deter a entrada masiva de persoas e garantir a seguridade.
Xullo
7 de xullo: En Haití é asasinado o presidente Jovenel Moïse como resultado dun ataque provocado polas protestas no país.