Golpe de Estado

Tras dun golpe de Estado a mans do xeneral Franco e outros militares e despois de case tres anos de guerra civil, o estado español viviría preto de 4 décadas de ditadura.

Un golpe de Estado[1] (do francés coup d'État,[2]) ou putsch (do alemán) é a usurpación do poder vixente, violando e vulnerando a legalidade institucional nun Estado por parte dun grupo de persoas, xeralmente forzas armadas sublevadas ou sectores da sociedade non conformes co sistema de goberno ou co goberno mesmo.

Características e metodoloxía

O golpe de Estado en moitas ocasións termina co establecemento dunha ditadura, aínda que isto non sempre é así. O golpe de Estado por definición prodúcese contra calquera goberno, autoritario ou non, e pode buscar instaurar calquera outro diferente, normalmente tamén autoritario. Con todo, o sentido despectivo fai que se utilice na maior parte das ocasións a referirse a intentos de instauración de ditaduras.

Este ataque á legalidade e soberanía dun país implica a retención dos organismos depositarios daquelas. Estes órganos poderían ser o Goberno ou o Parlamento, no caso de países democráticos, ou o rei ou ditador noutros sistemas de goberno distintos. Tamén é habitual o control dos medios de comunicación, a prohibición de calquera tipo de oposición e a suspensión do Estado de dereito, polo menos temporalmente.

Algúns[quen?] diferencian o golpe de Estado do pronunciamento militar baseándose en que este último procura cambiar o Goberno, pero sen levar a cabo unha usurpación nin derrocar o sistema vixente.

Algúns golpes de Estado do século XX

Os golpes de Estado foron moi frecuentes durante os séculos XIX e XX ao longo de todo o mundo.

Na sección seguinte relaciónanse algúns dos golpes máis importantes do século XX e XXI.

Algúns golpes de Estado do século XXI

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para golpe.
  2. Office québécois de la langue française (ed.). "Banque de dépannage linguistique – état" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

Bibliografía