Cherna

Cherna
(Polyprion americanus)

Cherna no Aquarium Finisterrae da Coruña
Estado de conservación
DD (Datos insuficientes) [1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Perciformes
Suborde: Percoidei
Familia: Serranidae ou Polyprionidae (segundo os autores)
Xénero: Polyprion
Especie: Polyprion americanus
(Bloch e Schneider, 1801)
Sinonimia
  • Amphiprion americanus Bloch e Schneider, 1801
  • Polyprion americanum (Bloch e Schneider, 1801)
  • P. cernium Valenciennes, 1824
  • P. massiliens Costa, 1829
  • Sparus cernua Poggi, 1881
  • P. moeone W. J. Phillipps, 1927

O mero,[2][3][4][5][6] cherna [3][4][6][7] ou cherla [3][4] (Polyprion americanus) é un peixe mariño acantopterixio (Acanthopterygii) clasificado até hai pouco na familia dos serránidos (Serranidae), pero que na actualidade moitos autores sitúan na dos polipriónidos (Polyprionidae).

Descrición

  • Moi parecido ao mero de altura, pode alcanzar até os 2 m de lonxitude,[5][8] e un peso máximo duns 100 kg.[8][9]
  • Corpo robusto, voluminoso e algo comprimido.[5]
  • Cabeza longa, co perfil superior algo cóncavo, e presenta sucos, espiñas e asperezas que se fan romas co tempo.[10] Ten unha crista ou xibosidade sobre cada ollo, na rexión occipital.[5]
  • Ollos grandes e redondos.[5]
  • aberturas nasais grandes e moi xuntas.[5]
  • Boca grande e lixeiramente protráctil, coa mandíbula prominente; o maxilar superior, amplo. Dentes cónicos e robustos na parte anterior, dispostos en fileiras, e pequenos e numerosos, formando bandas, no resto da boca.[5]
  • Opérculo provisto dunha crista ósea transversal, horizontalmente moi marcada.[5]
  • escamas de tamaño reducido e moi rugosas (ctenoides) estendéndose pola cabeza e as bases das aletas dorsal, anal e caudal.[5]
  • Liña lateral simple, con de 90 a 114 escamas, claramente visíbel.
  • Aleta dorsal con fortes espiñas; aleta anal de tamaño semellante á segunda parte da dorsal e cos tres primeiros raios curtos; aletas pelvianas máis longas que as pectorais, e a caudal arredondada nos exemplares xuvenís e truncada nos adultos.[5]
  • Coloración dos xuvenís gris ou parda violácea, con manchas irregulares abrancazadas, algo difusas. A dos adultos é parda agrisada no lombo, e amarelada no ventre.[5]

Bioloxía

Debuxo dunha cherna.

Vive en augas libres entre os 100 e os 200 m de profundidade, pudendo chagar até os 1.000.[5][11]

Presenta hermafroditismo secuencial: ao principio da súa vida adulta, é femia; despois, macho.[11] É unha especie ovípara, levando a cabo a desova a finais da primavera e en verán. Non coida dos ovos nin das crías.

Os exemplares xuvenís son de comportamento gregario e epipeláxico até que alcanzan uns 50 ou 60 cm, agrupándose en cardumes cerca de obxectos flotantes, como os caídos ou tirados ao mar ou arrebatados por este, macroalgas e restos de naufraxios, e desprázanse con eles, resgardándose baixo deles.[1][8][12]

Os exemplares adultos son batidemersaos, é dicir: é demersal e habita até por debaixo dos 200 m. Pódese encontrar na columna de auga, e en fondos areosos e rochosos. Habita en covas, furnas, aberturas, en paredes verticais, en bloques de rochas, no interior de esponxas etc.[13] Tamén habita en pecios, polos que é coñecida a súa afección.[8][12]

É un peixe oceanódromo. É frecuente achar anzois europeos en exemplares capturados en áugoas dos Estados Unidos, o que parece indicar grandes migracións desta especie.[1]

Os individuos xuvenís aliméntanse de teleósteos, en particular do xénero Trachurus (caránxidos —os xurelos—) e doutros organismos.[1] Os adultos comen sobre todo outros peixes bentónicos, peixes mesopeláxicos, cefalópodos peláxicos de gran tamaño, invertebrados bentónicos e crustáceos.[5][8][12][14]

Distribución

A área de distribución de Polyprion americanus comprende as seguintes zonas:

Ameazas e conservación

A única ameaza coñecida para a conservación da especie é a sobrepesca.[1]

Debido a que a distribución deste peixe, aínda que ampla, é descontinua, é posíbel que haxa poboacións sen explotar, e mesmo algunhas sen descubrir, de maneira que é difícil determinar o estado da súa conservación e prognosticar o seu futuro cun grao razoábel de precisión. Pero é probábel que a poboación mundial da cherna estea en declive, xa que é unha especie cuxa reprodución é lenta, o que a fai vulnerábel á sobreexplotación; ademais, algunhas poboacións xa mostran signos de sobreexplotación, e outras están sendo sometidas a un grande aumento do aproveitamento pesqueiro. O maior descenso documentado corresponde ás illas Bermudas.[1]

E aínda por riba, ao seren os xuvenís epipeláxicos e non migrar á rexión demersal até que alcanzan 50 ou 60 cm, poden pasar varios anos até que se reflicta a presión pesqueira no tamaño das capturas.[1]

Alí onde se orientaron actividades comerciais á pesca da cherna de maneira específica, as capturas alcanzaron un pico e despois descenderon rapidamente: son os casos do Brasil, as Bermudas e Portugal. Noutros casos, como son o de Angola e o de España, o rápido aumento de capturas nos anos 1990 indica un esforzo na mellora das técnicas, pero aínda é cedo para saber se esa pesca es sustentábel.[1]

O tamaño mínimo de captura no Mediterráneo é de 45 cm.[16] Non está fixado para o Canal da Mancha, para o mar do Norte nin para mar aberto no océano Atlántico.[17]

Á parte do tamaño mínimo establecido para os exemplares que se pesquen no Mediterráneo, as únicas accións de conservación leváronse a cabo nos Estados Unidos e en Nova Zelandia mediante certas restricións:[1]

  • Nos Estados Unidos, onde non se dá a pesca deportiva da cherna, hai unha veda desde o 15 de xaneiro até o 15 de abril, e está prohibido empregar palangre. Para poder pescar a cherna hai que ter unha licenza especial. Como no caso doutras especies, a administración establece un total de peso que pode capturarse como máximo cada ano, repartíndoo en cotas individuais asignadas aos que teñan o permiso, cotas que son transferíbeis entre os armadores con permiso. O máximo total é de 907 t.[1]
  • En Nova Zelandia, o máximo total para a pesca comercial da cherna e do hāpuku é de 2.181 t, sumadas as capturas de ambas as especies. Para a pesca deportiva e recreativa, moito menos importante, tamén hai restricións.[1]

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 Sadovy, Y. (2003): Poliprion americanus na Lista Vermella da IUCN, edición 2011. (en inglés) Consultada o 29/11/2012.
  2. Forma menos recomendable segundo a RAG. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cherna.
  3. 3,0 3,1 3,2 Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces, Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X, p. 289.
  4. 4,0 4,1 4,2 Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 104.
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 Rodríguez Villanueva et al. (1994), p. 94.
  6. 6,0 6,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-45-29134-8, p. 133.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cherna.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Polipirum americanus en FishBase
  9. Muus, B. J. e J. G. Nielsen (1999): Scandinavian Fishing Year Book Arquivado 07 de setembro de 2011 en Wayback Machine..
  10. 10,0 10,1 Ficha de la cherna Arquivado 07 de marzo de 2013 en Wayback Machine. no sitio Arquivado 06 de decembro de 2012 en Wayback Machine. "Maestro pescador".
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 Polyprion americanus Arquivado 27 de decembro de 2013 en Wayback Machine. no sitio Arquivado 02 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. de Maréis. Étaples (Francia). (en francés) Consultada o 29/11/2012.
  12. 12,0 12,1 12,2 Bianchi, G., K. E. Carpenter, J.-P. Roux, F. J. Molloy, D. Boyer e H. J. Boyer (1999): FAO species identification field guide for fishery purposes. The living marine resources of Namibia (Guía de campo da FAO para a identificación de especies de interese pesqueiro. Os recursos mariños vivos de Namibia). FAO, Roma.
  13. Polyprion americanus Arquivado 26 de decembro de 2013 en Wayback Machine. no sitio Arquivado 26 de decembro de 2013 en Wayback Machine. do Centro Mediterráneo de Investigaciones Marinas y Ambientales (CMIMA), do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) de España.
  14. Ecoloxía de P. americanus en FishBase. (en inglés)
  15. Sobre a posíbel presenza de Polyprion americanus en China continental. No sitio de FishBase.
  16. Mailles pour la Méditerranée Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (Medidas para o Mediterráneo). [[fr}} Consultada o 29/11/2012.
  17. Mailles pour la Manche, l'Atlantique et la Mer du nord Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (Medidas para o canal da Mancha, Atlántico e o mar do Norte). (en francés) Consultada o 29/11/2012.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Un acido minerale (o acido inorganico) è un acido derivato da uno o più composti inorganici. Un acido minerale non contiene nessun atomo di carbonio organico e rilascia sempre ioni idrogeno quando viene sciolto in acqua. Caratteristiche Gli acidi minerali comunemente usati sono acido solforico, acido cloridrico e acido nitrico. Gli acidi minerali includono una gamma ad ampio spettro di composti, da quelli molto forti (ad esempio l'acido solforico) a quelli molto deboli (ad esempio l'acido b...

 

2011 National Football LeagueLeague detailsDates5 February – 24 April 2011Teams33League championsWinnersCork (7th win)CaptainMichael ShieldsManagerConor CounihanLeague runners-upRunners-upDublinCaptainBryan CullenManagerPat GilroyOther division winnersDivision 2DonegalDivision 3LouthDivision 4Longford← 2010 2012 → The 2011 National Football League was a competition run by the Gaelic Athletic Association (GAA) between February and April 2011. It was contested by 33 teams, repres...

 

American diplomat (1888–1979) Alexander Comstock Kirk15th United States Ambassador to Italy In officeJanuary 8, 1945 – March 5, 1946PresidentFranklin Delano RooseveltHarry S. TrumanPreceded byGeorge Wadsworth (Acting, 1941)Succeeded byJames Clement Dunn2nd United States Ambassador to Greece In officeJune 15, 1943 – November 25, 1943PresidentFranklin D. RooseveltPreceded byAnthony Joseph Drexel Biddle Jr.Succeeded byLincoln MacVeaghUnited States Minister to Saudi Arabia...

ويليام غودوين (بالإنجليزية: William Godwin)‏    معلومات شخصية الميلاد 3 مارس 1756 [1][2][3][4][5]  الوفاة 7 أبريل 1836 (80 سنة) [1][2][3][4][5]  لندن[6]  مواطنة المملكة المتحدة لبريطانيا العظمى وأيرلندا مملكة بريطانيا العظمى (–1 يناير 1801)  �...

 

Murasoli Maran Menteri Pembangunan KotaMasa jabatan2 Desember 1989 – 10 November 1990Perdana MenteriV. P. SinghMenteri Perdagangan dan IndustriMasa jabatan1999–2002Perdana MenteriAtal Bihari VajpayeePendahuluRamakrishna HegdePenggantiArun ShourieMasa jabatan1 Juni 1996 – 19 Maret 1998Perdana MenteriH. D. Deve GowdaI. K. GujralAnggota Parlemen, Lok SabhaMasa jabatan1996–2003PendahuluEra AnbarasuPenggantiDayanidhi MaranDaerah pemilihanChennai TengahMasa jabatan1967–1...

 

Ini adalah nama Tionghoa; marganya adalah Fa. Fa MulanTokoh MulanMulan saat muncul di Mulan (1998).PenampilanperdanaMulan (1998)PenciptaRobert D. San SouciPemeranLiu YifeiPengisi suaraMing-Na Wen (pengisi suara)Lea Salonga (vokal)Berdasarkan padaFa Mulan dari Ballad of Fa MulanInformasiNama lengkapFa MulanAliasFa Ping (alter ego laki-laki) Mushu (Penjaga Keluarga)PekerjaanAgen kekaisaranPrajuritGadis KebunPanglimaAfiliasiPutri DisneyKeluargaFa Zhou (ayah)Fa Li (ibu)Nenek Fa (nenek)PasanganLi ...

Not to be confused with Washington Crossing State Park, a New Jersey state park. For other uses, see Washington Crossing. United States historic placeWashington Crossing Historic ParkU.S. National Register of Historic PlacesU.S. National Historic LandmarkPennsylvania state historical marker Washington Crossing Park Visitor CenterShow map of PennsylvaniaShow map of the United StatesLocationBetween Yardley and New Hope, on the Delaware River, Yardley, PennsylvaniaCoordinates40°17′51″N 74°...

 

Partai Nanggroe Aceh Peurte Nanggroe Aceh Nanggroe Aceh PartyKetua umumIrwandi YusufSekretaris JenderalMiswar FuadyDibentuk24 April 2012 (sebagai Partai Nasional Aceh)2 Mei 2017 (sebagai Partai Nanggroe Aceh)Kantor pusatJalan Prof. Ali Hasyimi, Pango Raya, Ulee Kareng, Banda AcehIdeologiRegionalisme AcehKursi di DPR6 / 81 Situs webwww.pna.or.idPolitik IndonesiaPartai politikPemilihan umum Partai Nanggroe Aceh (disingkat PNA) adalah salah satu partai politik lokal di provinsi Aceh, Indonesia. ...

 

جزء من سلسلة مقالات سياسة جنوب السودانجنوب السودان الدستور الدستور حقوق الإنسان السلطة التنفيذية الرئيس مجلس الوزراء السلطة التشريعية البرلمان السلطة القضائية القضاء الانتخابات الانتخابات الأحزاب السياسية السياسة الخارجية العلاقات الخارجية جنوب السودان السياسةعنت ا�...

SyiashPeta Krimea, Sivash ditampilkan berwarna HitamSyiashTampilkan peta CrimeaSyiashTampilkan peta Oblast KhersonSyiashTampilkan peta UkrainaLetakLaut AzovKoordinat46°05′N 34°20′E / 46.083°N 34.333°E / 46.083; 34.333Koordinat: 46°05′N 34°20′E / 46.083°N 34.333°E / 46.083; 34.333Asal sungaiSalgirTerletak di negara Ukraina,  Rusia (dipertentangkan)Panjang maksimal200 km (120 mi)Lebar maksimal35 km (22 ...

 

Species of bird Spotted crake Call recorded in the UK Conservation status Least Concern  (IUCN 3.1)[1] Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Aves Order: Gruiformes Family: Rallidae Genus: Porzana Species: P. porzana Binomial name Porzana porzana(Linnaeus, 1766) Range of P. porzana   Breeding   Passage   Non-breeding Synonyms Ortygometra porzana (Linnaeus, 1766) Rallus porzana Linnaeus, 1766 The spo...

 

Satuan Tugas Terpadu (UNITAF) adalah pasukan multinasional yang dipimpin Amerika Serikat dan disetujui oleh Perserikatan Bangsa-Bangsa yang beroperasi di Somalia dari 5 Desember 1992 hingga 4 Mei 1993. Sebuah inisiatif Amerika Serikat (dengan nama sandi Operation Restore Hope), UNITAF ditugaskan untuk melaksanakan Resolusi Dewan Keamanan PBB 794 untuk menciptakan lingkungan yang dilindungi untuk melakukan operasi kemanusiaan di bagian selatan negara tersebut.Operasi Restore HopeBagian dari Pe...

Syahril SabirinSyahril pada 1998 Gubernur Bank Indonesia ke-11Masa jabatanFebruari 1998 – Mei 2003PresidenSoehartoB. J. HabibieAbdurrahman WahidMegawati SoekarnoputriPendahuluSudrajad DjiwandonoPenggantiBurhanuddin Abdullah Informasi pribadiLahir14 Oktober 1943 (umur 80)Bukittinggi, Sumatera Barat, Masa Pendudukan JepangKebangsaanIndonesiaSuami/istriMurni Syahril SabirinAnakMelissa Sari SabirinStevano SabirinAlma materUniversitas Gajah MadaKolese WilliamsUniversitas Vander...

 

Coats of arms given to a person retrospectively Example of arms attributed to Jesus from the 15th-century Hyghalmen Roll, based on the instruments of the Passion Attributed arms are Western European coats of arms given retrospectively to persons real or fictitious who died before the start of the age of heraldry in the latter half of the 12th century. Once coats of arms were the established fashion of the ruling class, society expected a king to be armigerous.[1] Arms were assigned to...

 

阿克拉Accra城市,分區首都以及區域首都阿克拉市卫星图阿克拉坐标:5°32′N 0°13′W / 5.53°N 0.22°W / 5.53; -0.22国家迦納大區大阿克拉大區縣區阿克拉區建立15世紀合併1898年政府 • 类型市長–理事會 • 市長Alfred Vanderpuije面积[1][2] • 城市,分區首都以及區域首都173 平方公里(67 平方英里) • 都會區894 �...

Salviniaceae Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Plantae Divisi: Polypodiophyta Kelas: Polypodiopsida Ordo: Salviniales Famili: Salviniaceae Genera Salvinia Azolla Salviniaceae merupakan salah satu suku anggota tumbuhan paku (Pteridophyta) yang tergolong dalam paku air (Salviniales atau Hydropteridales). Menurut klasifikasi Smith et al. (2006, lihat artikel tumbuhan paku), Azollaceae dimasukkan ke dalam suku ini. Suku ini beranggotakan dua marga paku air yang mengapung di permukaan air: Azolla dan ...

 

Cave near Johannesburg with prehistoric human remains The DNH 7 Paranthropus robustus skull from DMQ, the most complete skull of this species ever discovered and a rare female example. The Drimolen Palaeocave System consists of a series of terminal[disputed – discuss] Pliocene to early Pleistocene hominin-bearing palaeocave fills[1] located around 40 kilometres (25 mi) north of Johannesburg, South Africa, and about 6 kilometres (3.7 mi) north of Sterkfontei...

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Easthampstead – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2015) (Learn how and when to remove this message) Human settlement in EnglandEasthampsteadSt Michael and St Mary MagdaleneEasthampsteadLocation within BerkshireOS grid referenceSU86...

Romano Canavese komune di Italia Tempat NegaraItaliaDaerah di ItaliaPiemonteKota metropolitan di ItaliaKota Metropolitan Turin NegaraItalia Ibu kotaRomano Canavese PendudukTotal2.639  (2023 )GeografiLuas wilayah11,21 km² [convert: unit tak dikenal]Ketinggian270 m Berbatasan denganMercenasco Pavone Canavese Perosa Canavese Strambino Ivrea Scarmagno Informasi tambahanKode pos10090 Zona waktuUTC+1 UTC+2 Kode telepon0125 ID ISTAT001223 Kode kadaster ItaliaH511 Lain-lainSitus webLaman r...

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Your Ex-Lover Is Dead – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2016) (Learn how and when to remove this message) 2005 single by StarsYour Ex-Lover Is DeadSingle by Starsfrom the album Set Yourself on Fire A-sideYour Ex-Lover Is DeadB-sideFairytale of...