Os Perciformes (tamén chamados percomorfos (Percomorphi) ou acantópteros (Acanthopteri)) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). Constitúe a orde máis grande de vertebrados (Fish Base), e comprende máis de 7.000 especies diferentes, con ó redor do 40% de tódolos peixes. Presentan moi diferentes formas e tamaños, e habitan en case tódolos medios acuáticos, principalmente mariños.
Características
Xeralmente teñen unha aleta dorsal de ampla base, cun rebaixe. Nas aletas dorsal e anal, os primeiros radios están transformados en espiñas en número variable. O habitual é unha espiña nas aletas pélvicas. As escamas adoitan ser ctenoides pero tamén hai especies con escamas cicloides ou doutros tipos.
Clasificación
A clasificación taxonómica dos Perciformes é controvertida e hai autores que os consideran un grupo parafiléticoFish Base. Divídese en 18 subordes: